881 86 70 01
Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
Start: 17/03/2020 10:12
Boas familias! Como dixemos imos a colgar xa as primeiras actividades para que podades comezar a facer cas nenas e nenos de infantil. A continuación, poñemosvos tres enlaces con fichas de grafomotricidade e lóxico-matemática pensadas para os tres niveis educativos. Nos vindeiros días, teredes a vosa disposición tamén uns pequenos proxectos sobre os centros de interese que vimos na aula. OS ENLACES AS CARPETAS SON:
MATERIAL 3 ANOS:
MATERIAL 4 ANOS:
MATERIAL 5 ANOS:
Querémosvos recordar, por outra banda, que tan importante coma o traballo, é seguir unhas rutinas, xa que os máis pequenos son o que botarán en falta e polo que máis se verán alterados, por eso propoñemos tamén:
- Respetar os horarios de sono, deitarse e erguerse as mesmas horas que cando hai cole, polo menos, de Luns a Venres.
- Seguir mantendo o horario habitual de comidas e merendas, e a ser posible o CALENDARIO DE MERENDA SAUDABLE que seguiamos nas aulas.
- Aínda que pode resultar duro por gañar rápidez...é mellor deixar que as nenas e nenos vaian ó baño sós, laven as mans ou coman sen axuda, poñan e quiten eles a roupa...esto permitirálles seguir aprendendo a ser independentes e mellorará a súa confianza e sentido de sentirse "maiores".
- Facer asambleas: falar con elas e eles, saber o que lles preocupa, escoitalos!
- Leer un pouquiño cada día, coa súa axuda ou sin ela pero deixando voar a súa imaxinación!
- Darlles tempo e material co que fagan as súas propias creacións, que sigan sendo artistas e así practiquen coas tesoiras, punzos, plasti...para seguir exercitando a súa psicomotricidade fina.
- Se tedes a oportunidade, e contades con campo na vosa casa, que saían a correr ou xogar fóra, que se movan e se sintan libres aínda que sexa un anaquiño...
Será moi duro, para nós pero sobre todo para eles aínda que non o pareza, todos estamos a vivir algo histórico e temos que apoiarnos. Calquera cousiña que necesitedes, estamos dispoñibles polas nosas redes!
Unha aperta! Silvia e Henar.
Start: 17/03/2020 10:19
No arquivo adxunto tedes as actividades para desenvolver na casa durante esta primeira semana na casa. Moito ánimo e escribide, se tedes calquera dúbida. mirto@edu.xunta.gal Start: 17/03/2020 10:54
MOITO TE QUERO PAPÁ! Aínda que ante a situación que se está a vivir tódolos días son iguais, as nosas pequenas e pequenos esperaban con ansia o vindeiro Xoves 19 de Marzo. Primeiro, e para ser sinceros, porque non habería cole J e despois porque celebrarían o Día do Pai e estaban a preparar unha sorpresiña. Deixándovos expectantes por saber cal será (chegará, con retraso pero chegará), e ofrecémosvos aquí algúns enlaces para que poidades facer manualidades na casa para agasallar os papis e pasar un bo rato fomentando a creatividade e manipulación. ANIVADEVOS!
Mensaxes de amor con pinzas
https://www.manualidadesinfantiles.org/mensaje-de-amor-pinzas
Lapiceiro de goma eva para papá
https://www.manualidadesinfantiles.org/lapicero-goma-eva-dia-del-padre
Material para imprimir
https://blogdecoraciones.com/tarjetas-para-el-dia-del-padre/ Start: 17/03/2020 12:06
Boas de novo! Como o contido dixital do noso método Castoria é rexistrado, pensamos que unha boa idea é completar o aprendido cos nosos castores con outros proxectos relacionados cos centros de interés que imos vendo. Aquí vos deixamos o enlace para que podades acceder o material que preparamos sobre o corpo e os alimentos, dúas temáticas que estivemos tratando durante estes meses. Saúdos! https://drive.google.com/open?id=1fzeLoRxio--nN7C5m0PoQB715h7JJ8Zl
Start: 17/03/2020 13:57
Todos los cursos de ESO tenían exámenes previstos, que se realizarán al reanudarse la actividad lectiva. Por tanto, el alumnado debe estudiar la materia vista hasta este momento y preparar las pruebas. Lo mismo ocurre con el alumnado que tiene la materia pendiente de cursos anteriores: todos tienen trabajo de repaso y recuperación. |