Esta semana, como saberedes, é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano conmemórase a figura de Ricardo Carvalho Calero, sabedes quen era??
Para que poidades coñecelo mellor, Valentina quere enseñarvos este vídeo tan chulo feito polo alumnado de 5º de Primaria do colexio San Pio X, de Ourense.
Xa sabemos cousas moi interesantes sobre a vida e obra deste autor. Agora imos a poñelas en práctica! Aquí tedes un escape room sobre RICARDO CARVALHO CALERO.
Collede lápiz e papel, porque ao superar cada proba daranvos un número. Cando consigades superalas todas, teredes un código final para lograr saír da sala de escape.
PREPARAD@S? ADIANTE!
PABLO fixo este debuxo tan bonito coa profe Amalia. Podedes facer como el e enviarnos os vosos debuxos, seguro que a Valentina lle encantan!!
Dada a confusión reinante sobre o desenvolvemento do 3.º trimestre e o final do curso 2019-20, a dirección do CPI de San Vicente considera necesario aclarar varios puntos:
Todo o alumnado debe continuar coa actividade lectiva de modo non presencial (ou presencial, no caso de rematar o confinamento antes que o curso escolar), co fin de minimizar os prexuízos que esta situación poida provocar na súa formación. Esta actividade poderá repercutir positivamente na súa cualificación final.
Non vai haber aprobado xeral: só se flexibilizarán os criterios de promoción e titulación, de forma que as repeticións de curso sexan excepcionais (pero posibles).
Na ESO haberá convocatoria de avaliación extraordinaria en setembro, coma sempre.
O alumnado de ESO que suspendera algunha materia no 1.º e/ou o 2.º trimestre deberá seguir co plan de recuperación establecido na correspondente programación didáctica; é dicir, deberá realizar as actividades que o profesorado lle indique e/ou preparar un exame de recuperación para o mes de xuño, segundo a materia. No caso dos exames, se finalmente estes non se puidesen realizar no centro, serán adaptados ou substituídos por outros procedementos de avaliación dos cales se informará coa debida antelación.
O alumnado de ESO que ten materias pendentes de cursos anteriores: deberá seguir co plan de recuperación establecido. Neste caso, os exames realizaríanse a comezos do mes de xuño, e non en maio como estaba previsto.
A información básica sobre a adaptación das programacións didácticas para o remate do curso 2019-20 (tanto de aprendizaxes e competencias como de criterios de avaliación e cualificación) será publicada nesta web a mediados do mes de maio.
As instrucións definitivas da Consellaría de Educación sobre o desenvolvemento do 3.º trimestre deste curso pódense consultar aquí: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936
Como xa saberedes hoxe é o DÍA DO LIBRO e, para celebralo, Valentina quere ensinarvos algunhas cousiñas.
O primeiro que vos quere ensinar é un vídeo feito polo profesor de 1º de Educación Primaria, Ricardo, para conmemorar este día tan especial. Ricardo, proponnos unha actividade moi creativa para facer en familia, animádesvos?
MOITAS GRAZAS PROFE RICARDO!
A profe Iria, de 2º de Educación Primaria, invitou ás nenas e nenos da súa clase a facer un eslogan para animar á lectura. Que boa idea! Aquí tedes un exemplo:
Grazas Pablo por este eslogan tan chulo!
Para rematar, Valentina, que é unha grande lectora, quere contarvos que se rexistrou na páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Que maravilla!Agora pode acceder a todos os libros e contos en formato dixital das bibliotecas públicas galegas, tanto en galego como en castelán.
Se queredes facer o mesmo, só tedes que premer nesta imaxe:
Ata aquí as propostas de Valentina, vémonos a próxima semana nenos e nenas!
Valentina hoxe tráenos un corto precioso, que pon en valor a inclusión e nos intenta facer ver o importante que é para todos sentirse aceptado e parte do grupo. Votádelle un ollo!
Ademais deste corto, Valentina, que é moi artista, preparouvos un xogo de palabras. Nel, invítavos a facer unha viaxe en globo! Ao longo da viaxe, teredes que superar diferentes retos para poder avanzar, seredes capaces?
E xa para rematar, Valentina preparouvos unha cousa súper interesante! Queredes saber que foto captou o telescopio espacial Hubble da NASA o día do voso aniversario? Estades de sorte!Hubble é un telescopio que leva polo espacio 30 anos!! E para celebrar o seu aniversario os estudiosos da NASA facilitaron esta ferramenta. Só tedes que poñer o mes e o día do voso aniversario e poderedes ver unha foto espacial dese día. Clicade na imaxe!
Valentina vainos acompañar durante estes días propoñendo actividades e tarefas divertidas que podedes facer sempre que vos apeteza. Valentina é científica, fotógrafa, cociñeira, exploradora, artista, escritora…e moi, moi soñadora e creativa, queredes coñecela?
Aquí está, coa súa cámara de fotos, desexando comezar esta andaina!
En primeiro lugar, Valentina quere ensinarnos este vídeo. Desde aquí queremos darlle a noraboa ao CEIP Quiroga Palacios por facer esta versión tan inclusiva da canción “Resistiré”.
Ademais, tráenos unha proposta que seguramente vos vai encantar:
FACER A NOSA PROPIA PLASTILINA CASEIRA
Para logralo, escribiunos a receita, mirade. Podes escribilo nun papel para facelo máis práctico e recorda que cada receita ten dúas partes principais: os ingredientes que precisamos e os pasos para elaboralos.
Agora…a xogar! Amasa a plastilina, estíraa, fai diferentes figuras: bolas, churros, edificios, personaxes, letras…
Se queres, podes facer fotografías do que fixeches e envíalas aos nosos correos electrónicos co hashtag:
#EUQUEDONACASA.
Para rematar, Valentina, quere amosarnos tamén este vídeo. Algúns artistas están colaborando para facernos máis fácil a estancia na casa estes días. Este é o caso do “Circo do sol” que nos ofrece parte do seu espectáculo dunha hora.
Ata pronto nenos e nenas! Vémonos á volta destas vacacións de Semana Santa!
Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron varias actividades para conmemorar o Día da Paz (World PeaceDay).
En Plástica creamos un gran mural do símbolo da paz, recortando as siluetas das nosas propias mans en diferentes cores.
Co mesmo símbolo, a un nivel máis individual, os alumnos/as elaboraron un traballo artístico nos seus cadernos de debuxo coa técnica de salpicado, usando pinturas e cepillos de dentes.
Aquí podemos observalos en acción e ver algúns resultados.