Skip to Content

CONVOCATORIAS DE ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR

Con data de hoxe a Xunta Electoral do CPI de San Vicente publica as convocatorias de eleccións de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores (responsables, alumnado, profesorado e persoal non docente).

As convocatorias poden consultarse no taboleiro do centro e tamén nos arquivos anexos a esta publicación.

O prazo de presentación de candidaturas dura ata o día 8 de novembro ás 14:30 horas. Os modelos están dispoñibles na secretaría do centro e tamén anexos máis abaixo.

As votacións para os sectores de responsables, alumnado e PND celebraranse o 19 de novembro, nos horarios indicados en cada convocatoria.




OBRADOIRO DE CÓMIC CON ALBERTO GUITIÁN

O alumnado de Educación Plástica de 1º e 3º de ESO recibirá este xoves un Obradoiro de cómic con ALberto Guitián. 

 

Obradoiro creativo: Creando personaxes de comic con alberto guitián xoves 24 ás 1º e 3º de ESO de Mar Sueiro




GUÍA DE USO SEGURO DAS REDES E INTERNET

No documento adxunto podedes acceder á Guía de Uso seguro das Redes e Internet para o alumnado, de moita utilidade tanto para familias como para docentes. 

 


Ficheiros adxuntos:


Constitución da xunta electoral para as eleccións de membros do Consello Escolar

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • A directora do centro.
  • Un profesor ou profesora.
  • Un pai ou nai ou titor/a legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.
  • Un alumno ou alumna da ESO.

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O devanito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase no salón de actos do centro o próximo día 18 de outubro, venres, ás 11:45 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.




ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OFERTADAS POLA AFA AVANIA PARA O CURSO 2024-2025

Do luns 30 de setembro ao venres 4 de outubro, xornadas de portas abertas para as Actividades Extraescolares organizadas pola Asociación de Familias do Alumnado. 




ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OFERTADAS POLA AFA AVANIA PARA O CURSO 2024-2025

INCIDENCIAS RUTAS DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 24-25

Cando se produza algunha incidencia nas rutas de transporte, pregamos se nos comuniquen mediante o modelo descargable adxunto. 

Debe remitirse ao correo do centro cpi.san.vicente@edu.xunta.gal e, se a familia o considera, nas instancias responsables de transporte escolar: 

 

Servizo de Mobilidade A Coruña

 mobilidade.coruna@xunta.gal

 

 

Servizo de Xestión do Transporte Escolar, Santiago de Compostela

transporteescolar.santiago@edu.xunta.gal

 




Distribuir contido


by Dr. Radut