Skip to Content

Dámoslle as grazas a Rosa!

Hoxe queremos darlle as grazas á profesora Rosa por sementar en nós cando estabamos en primaria as ganas de ler este libro. Por fin o fixemos, collémolo entre as nosas mans e rimos, choramos e encolléusenos o corazón coa historia dun neno que non chega a comprender o que sucede ao seu redor...

Un relato estremecedor que nos encheu de preguntas ás que segurísimo lle iremos atopando respostas ao longo da nosa lectura.

Moitas grazas, Rosa!

Comentarios

Grazas a vós

Moitas grazas a vós por elexir este libro.A min encantoume, por iso volo recomendei cando traballamos a 2ª Guerra Mundial. Oxalá atopedes as respostas a esas preguntas que vos facedes e, sobre todo, anímovos a ler moitos máis. Un deles podería ser La ladrona de libros, outro que vos recomendo. Ánimo e grazas. 

Rosa



page | by Dr. Radut