Evento próximo
Este mércores, de 17:00 a 18:00, terá lugar unha conexión en directo de A VOZ DA MATA coa radio do IES O Perdouro, de Burela (PROXECTO NEO): Todas as clases na ESO do CPI conectarán en directo cos nosos colegas de Burela. O programa do Proxecto Neo terá o noso centro como protagonista.
Este xoves ás 20:00 celebraremos, no auditorio do Rosal, o festival de nadal para as familias.
Na hora do xantar xuntarase o equipo de traballo "The famous five", un grupo de alumnas de ESO e primaria procedentes de países anglófonos, para a realización dunha actividade de radio.
Na hora do xantar celebraremos unha nova sesión do club de lectura da ESO, "O Librako".
Ás 20:00, na biblioteca do centro, terá lugar unha nova sesión do club de cine de adultos.
Na hora do recreo terá lugar a actividade "Centro Médico de Atención ao Lector"
Encadrado dentro das actividades do mes da ciencia, este martes realizaremos un laboratorio de "Experimentando con maicena", dirixido principalmente ó alumnado de 5º e 6º de primaria. Terá lugar na biblioteca durante a hora do recreo.
O club de ciencia organiza unha sesión de traballo no hora do xantar.
Na hora do recreo, no laboratorio de primaria, celebraremos unha sesión de "Experimentos con café".
Seguindo coas actividades do mes da ciencia, esta semana presentamos un laboratorio de robótica e de impresión 3D. Terá lugar na biblioteca do centro na hora do recreo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |