CHEGADA DE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS!

O último día de cole chegaron Papá Noel e os Reis Magos e visitaron todas as aula do noso cole, e ... en infantil e primaria deixaron algún agasallo, e como non..., uns carameliños en secundaria.

 

CHEGOU O NADAL !!

 

GRAZAS A ANPA, ALUMNADO E PROFESORADO DO CPI DE  ESCAIRÓN POR ESTA DECORACIÓN NAVIDEÑA.

BOAS FESTAS!!

 

PAGO TELEMÁTICO COMEDOR ESCOLAR

Pica no enlace para ver as instruccións para facer o pago telématico do comedor escolar https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

 

  

Carreira Solidaria

O venres 25 de Novembro desenvolveuse a Carreira Solidaria do CPI Dr. López Suárez en conmemoración do Día do/a Neno/a, na que recollimos fondos para a infancia de La Palma. Unímonos á iniciativa #unplátanoporLaPalma e enviaremos fotos da nosa participación , cunha “sonrisa de plátano” no fermoso mural feito pola etapa de Educación Infantil do noso centro. Tamén enviaremos, xunto coa recadacion, que ascende a 300,20 €; un paquete postal cos debuxos, cartas e postais con mensaxes de ánimo e apoio, realizados polo alumnado de todas as etapas educativas. A carreira desenvolveuse por cursos por mor da normativa COVID vixente e desafiou ao frío cun quecemento conxunto dirixido polo alumnado de 4º de ESO, que traballou arreo na organización de todo o evento, incluso coa elaboración dunhas medallas realizadas en madeira de certificación ecolóxica, na cortadora láser do centro, en colaboración co Departamento de Tecnoloxía. Dende o Departamento de Educación Física non podemos máis que agradecer a colaboración e participación nesta actividade de toda a Comunidade Educativa.

 

Lectura de manifesto contra a violencia de xenero

Hoxe os alumnos de 1 de ESO na asignatura de Igualdade de Xenero asistiron a lectura do manifesto contra a Violencia de xenero, tamen charlaron co alcalde e vieon osdebuxos na exposición feitos por eles mesmos. A profesora acompañante foi Ana Quintela  

Espazo libre de machismo

Podes ver máis imaxes aquí

 

Exposición no Concello

O alumnado de 1 da ESO na materia de Igualdade de Xenero fixeron esta exposición sobre a represión que están a sufrir as mulleres afganas baixo o rexime talibán. Os traballos están feito coa técnica pastel e inspirados nunha famosa grafitera afgana

1 Liga Maker Drone

O venres 19 o alumnado de 3º ESO visitou a cidade da Coruña para coñecer o reto a superar na 1 Liga Maker Drone que patrocina a Fundación Barrie e o Instituto Tecnológico de Galicia. Pois ben, xa sabemos que debemos desenvolver un prototipo que sexa capaz de apagar un incendio nun edificio coa axuda dun drone.

Clube de Lectura

Iniciamos as reunións do CLUBE DE LECTURA co libro "La novia gitana" dos recientemente premiados co Premio Planeta Carmen Mola

Powered by Drupal - Design by artinet