EXPERIMENTOS

A semana pasada, o alumnado de Educación Infantil participou no proxecto de Tecnoloxía, xunto co alumnado de 2º de Eso e o profe Gabino, lanzaron o seu foguete decorado.

RECOMENDACIÓN USO DE MÁSCARAS NOS PATIOS DOS CENTROS EDUCATIVOS

Estimadas familias.

Informámoslles que seguimos coa mesma organización de grupos estables de convivencia e máscara no interior. Aquel alumnado que o desexe pode sacala no patio.

Grazas. Un saúdo

EXCURSION Á NEVE

O alumnado de 5º e 6º de primaria, 1º,2º e 3º da ESO xunto cos  catro profes  acompañantes, disfrutaron duns días na neve en Leitariegos.

 

XORNADA PORTAS ABERTAS

No seguinte enlace podedes ver a información. Documento realizado por unha alumna de 6º de primaria, en colaboración con algúns compañeiros de 5º e 6º curso e das súas titoras.

Grazas pola vosa participación.

DÍA DA MULLER

Celebramos o 8 de marzo en colaboración co Concello. Moitas grazas polos agasallos que nos entregaron.

O Club de Ciencas na TVG

O pasado 23 de decembro emitíuse o progama Aquelando con Chispa adicado ao Nitróxeno Líquido donde os nosos alumnos Nico e Sara participaron explicando o descenso crioscópico. Podédelo ver no seguinte vídeo a partir do minuto 14:35

CHEGADA DE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS!

O último día de cole chegaron Papá Noel e os Reis Magos e visitaron todas as aula do noso cole, e ... en infantil e primaria deixaron algún agasallo, e como non..., uns carameliños en secundaria.

 

CHEGOU O NADAL !!

 

GRAZAS A ANPA, ALUMNADO E PROFESORADO DO CPI DE  ESCAIRÓN POR ESTA DECORACIÓN NAVIDEÑA.

BOAS FESTAS!!

 

PAGO TELEMÁTICO COMEDOR ESCOLAR

Pica no enlace para ver as instruccións para facer o pago telématico do comedor escolar https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

 

  

Powered by Drupal - Design by artinet