O alumnado de 6º de primaria aprendeu as nocións básicas de Ikebana empregando material de refugallo para o recipiente. Saiu ao campo para colleitar flores que logo colocaron do xeito máis artístico posible, seguindo as regras desta arte milenaria.
Os resultados foron moi diversos pero todos igualmente fermosos.
Podemos disfrutar hoxe dun colorido recibidor no cole grazas ao alumnado e as profes Ana Quintela e a Racheal Roman, a auxiliar de conversa.