PROGRAMACIÓNS CURSO 23/24
Lingua Galega e Literatura
#DígochoEu
Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO están a participar no concurso #DígochoEu da RTVG e aquí podedes ver o resultado do seu traballo
INFORMACIÓN RELATIVA Á MANEIRA DE TRABALLAR E AVALIACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE
INFORMACIÓN RELATIVA Á MANEIRA DE TRABALLAR E AVALIACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE
Neste terceiro trimestre este departamento seguirá traballando telematicamente ou presencialmente, se é o caso, co seu alumnado. Tentará en todo momento que se sinta apoiado e animado na súa aprendizaxe. Levaranse a cabo tarefas de reforzo, repaso e ampliación de contidos fundamentais para o próximo curso.
Tamén se elaborarán actividades de recuperación para aqueles alumnos que teñan algunha avaliación suspensa para facilitar así a superación da mesma.
Polo que respecta á avaliación farase do seguinte xeito:
Ø
O alumnado coas dúas avaliacións presenciais aprobadas e participación no traballo desenvolvido neste terceiro trimestre, terá aprobada a materia. A nota será a media aritmética das notas obtidas nas dúas avaliacións presenciais, podendo verse incrementada ata dous puntos dependendo do grao de implicación e corrección do traballo levado a cabo durante este período.
Ø
O alumnado que teña algunha avaliación suspensa terá que realizar as tarefas que o profesorado lles fará chegar telemanticamente, tarefas que consistirán en diferentes actividades relativas aos contidos a superar. De haber posibilidade de incorporarse ás aulas, faríanse probas escritas que contarían un 70% e as tarefas realizadas un 30%
Todo o recollido anteriormente pode ser susceptible de cambios no caso de que a Consellería emita outras indicacións.
correo de contacto
O meu correo electrónico é elviralinguagalega@gmail.com.
Para que me fagades chegar tódalas consultas que precisedes.