INFORMACIÓN RELATIVA Á MANEIRA DE TRABALLAR E AVALIACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE

INFORMACIÓN RELATIVA Á MANEIRA DE TRABALLAR E AVALIACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE

 

Neste terceiro trimestre este departamento seguirá traballando telematicamente ou presencialmente, se é o caso,  co seu alumnado. Tentará en todo momento que se sinta apoiado e animado na súa aprendizaxe. Levaranse a cabo tarefas de reforzo, repaso e ampliación de contidos fundamentais para o próximo curso.

Tamén se elaborarán actividades de recuperación para aqueles alumnos que teñan algunha avaliación suspensa para facilitar así a superación da mesma.

Polo que respecta á avaliación farase do seguinte xeito:

Ø 

O alumnado coas dúas avaliacións presenciais aprobadas e participación no traballo desenvolvido neste terceiro trimestre, terá aprobada a materia. A nota será a media aritmética das notas obtidas nas dúas avaliacións presenciais, podendo verse incrementada ata dous puntos dependendo do grao de implicación e corrección do traballo levado a cabo durante este período.

Ø 

O alumnado que teña algunha avaliación suspensa terá que realizar as tarefas  que o profesorado lles fará chegar telemanticamente, tarefas que consistirán en diferentes actividades relativas aos contidos a superar.  De haber posibilidade de incorporarse ás aulas, faríanse probas escritas que contarían un 70% e as tarefas realizadas un 30%

Todo o recollido anteriormente pode ser susceptible de cambios no caso de que a Consellería emita outras indicacións.

 

Powered by Drupal - Design by artinet