O venres 25 de Novembro desenvolveuse a Carreira Solidaria do CPI Dr. López Suárez en conmemoración do Día do/a Neno/a, na que recollimos fondos para a infancia de La Palma. Unímonos á iniciativa #unplátanoporLaPalma e enviaremos fotos da nosa participación , cunha “sonrisa de plátano” no fermoso mural feito pola etapa de Educación Infantil do noso centro. Tamén enviaremos, xunto coa recadacion, que ascende a 300,20 €; un paquete postal cos debuxos, cartas e postais con mensaxes de ánimo e apoio, realizados polo alumnado de todas as etapas educativas. A carreira desenvolveuse por cursos por mor da normativa COVID vixente e desafiou ao frío cun quecemento conxunto dirixido polo alumnado de 4º de ESO, que traballou arreo na organización de todo o evento, incluso coa elaboración dunhas medallas realizadas en madeira de certificación ecolóxica, na cortadora láser do centro, en colaboración co Departamento de Tecnoloxía. Dende o Departamento de Educación Física non podemos máis que agradecer a colaboración e participación nesta actividade de toda a Comunidade Educativa.