Saltar navegación.
Inicio

Varios

Obxectos de cerralleiro

Traballo realizado polo alumno Xián Rendo no que se mostran e clasifican obxectos de cerralleiro: bisagras, picaportes, pasadores etc.

 Preme aquí para descargalo.

A escola do Outeiro

Nesta actividade, os alumnos José Luis Santos e Juan Camino fixeron  o estudo dunha vivenda tradicional a nivel de representación gráfica. Neste caso partiron dunha vivenda, actualmente en ruínas, e fixeron os planos de alzado e plantas baixa e alta empregando o programa de debuxo vectorial proporcionado aos talleres de tecnoloxía, Imagineer.

 

O resultado, pódese descargar picando aquí.

.

Canto sabes do concello de Touro?

Canto sabes do concello de Touro son unha serie de probas tipo test, 10 ou 20, dependendo da dificultade, elaboradas polos alumnos de terceiro e cuarto da ESO no marco do proxecto TERRA no curso 2014-2015. Para facer estes tests, os alumnos comezaron polo estudo inicial da súa parroquia cubrindo unh enquisa/cuestionario moi completo proporcionado polo profesor de ciencias sociais, Antonio Lorenzo. A modo de exemplo, pódese ver, picando aquí a enquisa feita polo alumno Darus Blanco.

 Nas seguintes ligazóns pódese  acceder aos tests.

Parroquia de Vilar

  1.-Test realizado por  Talía Otero. Pica aquí para descargalo.

  2.-Test realizado por Brais Sanín. Pica aquí para descargalo.

Parroquia de Circes

1.-Test realizado por  Álex Mosquera. Pica aquí para descargalo.

2.-Test realizado por José Luís Santos. Pica aquí para descargalo.

 Parroquia de Touro

  1.-Test realizado por  Ana Brea. Pica aquí para descargalo.

  2.-Test realizado por Celia Fernández . Pica aquí para descargalo.

  3.-Test realizado por David González. Pica aquí para descargalo.

  4.-Test realizado por Inés Codesido. Pica aquí para descargalo.

  5.-Test realizado por Isabel Quinteiro. Pica aquí para descargalo.

Parroquia de Prevediños

  1.-Test realizado por  Darus Blanco. Pica aquí para descargalo.

  2.-Test realizado por Sara Gómez . Pica aquí para descargalo.

  3.-Test realizado por Xián Rendo. Pica aquí para descargalo.

Parroquia de Turces

1.-Test realizado por  Brais Vilas. Pica aquí para descargalo.

2.-Test realizado por Daniel Villar. Pica aquí para descargalo.

Parroquia de Loxo

1.-Test realizado por Ismael Suárez. Pica aquí para descargalo.

Parroquia de Beseño

1.-Test realizado por Amanda Freire. Pica aquí para descargalo.

Parroquia de Ribeira

1.-Test realizado por José Souto. Pica aquí para descargalo.

Parroquia de Fao

1.-Test realizado por Brisid Tito. Pica aquí para descargalo.

 Parroquia de Foxás

1.-Test realizado por Daniel Rey. Pica aquí para descargalo.

 

  

As cen perguntas

As Cen preguntas sobre tecnoloxía que a conselleira (probablemente) non sabe responder xurdiron co recente recorte de horas lectivas en Tecnoloxía na ESO, á par que outras 'tropelías' no bacharelato. Nelas, pretendía poñer de manifesto a incultura científico/tecnolóxica da sociedade en que vivimos. 

Non perden vixencia, salvo o título, que agora podería chamarse:

 

Cen preguntas sobre tecnoloxía que o conselleiro de educación (probábelmente) non sabe responder:

¿Sabe vostede...

  1. que é e para que serve o Interruptor diferencial que ten na súa casa?
  2. cal dos operadores de mando e protección que ten na súa casa serve para salvarlle a vida en caso de tocar un cable de fase?
  3. sabe que é un cable de fase?
  4. sen cambiar moito de tema, sabe como se chama o operador que ten na entrada da súa casa cun botón cun T escrito ?
  5. sabe se ese botón se debe pulsar ?
  6. distinguir a polaridade dun díodo LED?
  7. cal é o operador que se empregará na iluminación do futuro?
  8. cal é o principio de funcionamento do programador dunha lavadora?
  9. por que cando se encende unha lámpada fluorescente oímos un pequeno ruído metálico.
  10. que é unha fonte de alimentación? ¿Ten algunha na casa?
  11. a que velocidade xiran as rodas dun coche cunha cadea cinemática de relación de transmisión 1.2 cando o motor xira a 2000 rpm?
  12. que é un electrodoméstico clase A, ou A+ ou A++?
  13. que é e para que serve un polímetro?
  14. recoñecer a madeira de faia?
  15. e as madeiras de cereixeira e sapelly?
  16. nomear os esforzos típicos que soporta unha viga?
  17. o que quere dicir que unha estrutura triangulada sexa indeformábel?
  18. para que se emprega un granete?
  19. como se fan as conexións de calquera dos puntos de conmutados da súa casa? que operadores precisa?
  20. para que serve a toma de terra que ten na vivenda?
  21. conectar un interruptor dun punto de luz?
  22. como distinguir o cable de fase do cable de neutro?
  23. que protexe e que comanda un PIA na instalación eléctrica da súa casa?
  24. o que é unha xunta cardan?
  25. que significa que o sistema de transmisión de movemento parafuso-roda dentada non sexa reversíbel?
  26. a relación que hai entre a música e a trigonometría?
  27. en que consiste a alta fidelidade?
  28. sumar 1+1 en binario, sistema de numeración que empregan os ordenadores?
  29. o que é unha porta lóxica, base da actual tecnoloxía dixital?
  30. o que é un taboleiro DM ou DMF?
  31. as diferencias que hai entre un taboleiro contrachapado e un aglomerado?
  32. o tipo de esforzo que soportan os cables dunha ponte colgante?
  33. o nome dunha madeira adecuada para facer toneis?
  34. se un material tenaz pode ser fráxil?
  35. cal é a composicion aproximada do aceiro?
  36. nomear algunhas das propiedades máis sobresaíntes que ten o titanio?
  37. como se chama a aliaxe de zinc e cobre?
  38. cal é o material co que están feitas as billas da súa casa?
  39. cal é o metal industrial máis lixeiro?
  40. cal é a masa aproximada dun litro de ouro?
  41. dicir dúas aplicacións do volfram?
  42. dicir o nome de dous plásticos que se empreguen como illantes na vivendas?
  43. dicir o nome de dous plásticos que se empreguen para facer tuberías?
  44. dicir o nome de dous plásticos que se empreguen para facer tecidos?
  45. o nome de que material se emprega hoxe en día como "barómetro" da economía dun pais?
  46. o nome de dous plásticos de enxeñaría?
  47. cal é o plástico que habitualmente se emprega para facer cueiros dos nenos e bosiñas de té?
  48. porque se transporta a enerxía eléctrica por cables de alta tensión?
  49. cal é o material máis adecuado para fabricar cables de alta tensión?
  50. cal é o mineral co que se fai a porcelana?
  51. cales son as aplicacións dos condensadores?
  52. que ocorre cun condensador electrolítico se se conecta ca polaridade cambiada?
  53. que é e onde se emprega unha ponte de díodos?
  54. distinguir unha broca de madeira dunha broca de metal?
  55. empregar correctamente unha serra de calar?
  56. utilizar un calibre?
  57. distinguir unha trencha dunha gubia?
  58. poñer un remache cunha remachadora?
  59. convertir con algún mecanismo movemento circular en rectilineo alternativo?
  60. o que é un curtocircuíto?
  61. porque as centrais nucleares de fisión non emiten CO2?
  62. como alumean máis dúas lámpadas empregando a mesma pila, colocadas en serie ou en paralelo?
  63. a relación que existe entre a intensidade, a tensión e a resistencia eléctricas?
  64. como averiguar nunha toma de corrente cal é a fase e cal é o neutro?
  65. para que serve un Centro de transformación ou CT?
  66. aproximadamente canto tempo ten que estar funciomando un forno eléctrico para que consuma un KWh?
  67. ah, claro, que é un KWh?
  68. de que se fala realmente cando se fala da "revolución do transistor"?
  69. cal é a vantaxe fundamental dun trade de columna frente a un convencional?
  70. que son as vasoiriñas?
  71. o que é unha porca ou ozca?
  72. porque á telefonía móbil se lle chama celular?
  73. cal é o arco que soporta mellor as tensións debidas ao peso da estrutura?
  74. cal é a función do aceiro nas estruturas de formigón?
  75. algunha aplicación habitual do argón?
  76. como se fabrica un electroimán?
  77. como se fabrica un motor de corrente continua?
  78. facer unha soldadura branda entre dous cables de cobre?
  79. que propiedade se busca cando se engade silicio no aceiro?
  80. que é a widia?
  81. cales son os compoñentes do aceiro inoxidábel?
  82. a diferenza que existe entre un sistema combinacional e un sistema secuencial.?

Ben,
non van 100 pero non importa, poderían ser 1000. O importante é que
todas estas peguntas están relacionadas con o entorno máis próximo, con
materiais que nos rodean e que están nas nosas casas, coches,
edificios,  estruturas públicas, sistemas elécticos que empregamos
todos os días. Moitas das perguntas que se fan pertencen ao ámbito
estrictamente doméstico e algunhas outras son de caracter procedimental
básico. Ninguna destas perguntas está fora do alcance dun estudante de
cuarto da ESO pois pertencen á materia que se desenvolvía nos catro
cursos da ESO na área de Tecnoloxía.

Algunhas
das perguntas poden ter unha resposta tipo "balones fuera". Por
exemplo, para responder que é o aceiro pódese dicir que é un metal,
mais iso sería tanto como dicir que a a capital de Italia é unha
cidade: ningúen o admitiría.

Tamén
asumo que máis importante que coñecer que o aceiro é unha aliaxe é
entender como varían as súas propiedades ca adición de carbono pero só
pretendo poñer exemplos de perguntas moi directas.

Tal
vez puidera sorprendernos a señora conselleira e aprobar un exame no
que se lle formulasen as anteriores perguntas, pero non é probable.
Non é culpa súa. Ela sofriu un sistema educativo no que a tecnoloxía
non tiña cabida. Lembremos a famosa frase "Que inventen ellos". Ninguén
pode valorar o que descoñece, e a conselleira (probablemente)
descoñece. É a felicidade da ignorancia.

 

Distribuir contido