Saltar navegación.
Inicio

Información gratuídade libros de texto 2013/2014

 * CIRCULAR INFORMATIVA GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO *

    No D.O.G. do 30 de maio de 2014 publícase a orde pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto (non pode destinarse a material escolar) para os alumnos matriculados en educación primaria, secundaria ou educación especial que non repitan curso. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de primaria poderá solicitar axuda xa que este material non pode ser reutilizado.

    As familias interesadas en acollerse ás citadas axudas deberán:
a)    Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €. Para o cálculo da renda per cápita terán que sumar os recadros 455 e 465 do exercicio fiscal 2012 e dividir entres os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2012.
b)    Presentar na secretaría do colexio a seguinte documentación orixinal e copia:
1.    Solicitude de axuda, unha por cada alumno, que poden recoller na secretaría do centro ou descargala da páxina web da consellería de educación.
2.    Libro de familia no cal figuren os membros da unidade familiar.
3.    No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse a sentenza xudicial de separación ou divorcio, certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.
4.    No caso de discapacidade do alumno/a, do solicitante ou dalgún membro da unidade familiar incluídos na solicitude deberán acompañarse copia compulsada de:

  •    Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
  •    Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.


AS DATAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SON AS SEGUINTES:
A)    Alumnado de Primaria do 02 de xuño a 02 de xullo (ambos inclusive).
B)    Secundaria alumnos que pasen curso do 25 de xuño ao 28 de xullo.
C)    Secundaria con máis de dúas materias pendentes do 02 de setembro ao 02 de outubro.

Tras a validación da solicitude e da documentación presentada poderán recoller no colexio un vale para a compra dos libros.

O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos ao rematar o curso escolar 2014-2015 (xuño ou setembro segundo o caso) a un fondo solidario que se constituirá no colexio (banco de libros)


Touro a 03 de xuño de 2013.