FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2020/21
Debido ás circunstancias actuais motivadas polo COVID-19, correspóndelle ao centro establecer o sistema e a fórmula máis axeitada para que o alumnado ou as familias acudan ao centro para facer os diversos trámites. Establecendo unhas quendas para a entrega da documentación.
A axudas asignaranse en función da renda per cápita correspondente ao exercicio fiscal 2018, que debe ser igual ou inferior a 10.000€, sendo requisito imprescindible ter devoltos os libros de texto do ano 2019/2020 (enviarase unha circular posterior cos días de recollida de libros).
-
Fondo solidario de libros de texto: para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria.
-
Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Ed. Primaria.
-
Axudas para adquirir material escolar:de 1º de E. Primaria a 4ºESO. Renda per cápita inferior ou igual a 6.000 €
A solicitude, unha por familia, poderá realizarse no centro (especificamos quendas) e tamén de maneira telemática, accedendo á aplicación Fondo Libros e a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Prazo de presentación de solicitudes, en horario de 10 a 13 horas:
- Desde o dia 25 de maio ata o 29 de maio: 1º, 2º e 3º de Primaria
- Desde o día 1 de xuño ata o 5 de xuño: 4º, 5º e 6º de Primaria
- Desde o dia 8 de xuño ata o 12 de xuño: 1ºESO e 4ºESO
- Desde o dia 15 de xuño ata o 19 de xuño: 2ºESO e 3ºESO
Documentación a presentar:
- Anexos I e II(descargar aquí) ou recoller no centro.
- Libro de familia (orixinal e copia) sempre que autoricen a consulta telemática de datos.
Para máis información poden consultar a orde na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros