Saltar navegación.
Inicio

Instrucións para o desenvolvemento da terceira avaliación.

 Recibidas por parte da Consellería as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre, destacamos:

  • Actividades do terceiro trimestre:
    • Na terceira avaliación o alumnado terá que realizar actividades telemáticas, tal e como se viñan realizando ata agora, que serán de entrega obrigatoria.

    • As actividades serán de reforzo ou ampliación dos contidos dados nos dous primeiros trimestres e de recuperación no caso de alumnado que teña algún deles suspensos.

    • Cada alumno/a terá que estar atento/a á forma particular que ten o profesorado das distintas materias de comunicarse con el.

  • Avaliación:
    • A avaliación final será en base ás notas obtidas na 1ª e 2ª avaliación e ás actividades de recuperación e reforzo realizadas na 3ª, que sempre beneficiarán ao alumno/a.

    • O alumnado que teña algunha ou as dúas primeiras avaliacións suspensas terá que poñer especial interese na realización e entrega das actividades de recuperación que se lle propoñan, para así conseguir unha avaliación positiva.
  • Promoción de curso e titulación:
    • En Ed. Infantil e Primaria: a decisión será adoptada de forma colexiada tendo en conta os criterios de promoción e tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor.
    • En Ed secundaria: Non hai un número de materias definidas, a decisión de promoción ou titulación será o resultado dunha decisión colexiada do profesorado que imparte clase no grupo en función das particularidades de cada alumno/a. Todo o alumnado que suspenda en xuño algunha materia debe presentarse á convocatoria de setembro. Se a promoción ao curso seguinte ten lugar con materias suspensas, o alumnado ten que cursalas no vindeiro curso 20-21 como materias pendentes seguindo os plans de recuperación que se lle indiquen.

 

Coa idea de que as familias teñan unha maneira rápida de saber cal é o medio que emprega o profesorado para comunicarse co alumnado no envío e recepción de tarefas, resolución de dúbidas, etc., engadimos a continuación dous arquivos nos que se recollen, por niveis e departamentos, as ferramentas empregadas a a tal fin polo profesorado.

 

Na seguinte ligazón teñen as instrucións completas enviadas pola Consellería: Instrucións_3_trimestre