Saltar navegación.
Inicio

AXUDAS DE CARÁCTER DIRECTO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19.

IMPORTANTE

AXUDAS DE CARÁCTER DIRECTO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19.

Beneficiarios das compensacións:

Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

Importe das axudas:

2,50 € no casos de gratuidade total e 1,50 € nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro pola prestación do servizo.

Duración da axuda:

Compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión da actividade educativa durante  primeira a e segunda prórroga de emerxencia sanitaria e alarma.

Eventualmente, contémplase un segundo libramento para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma que se correspondería cos 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020 no caso de que finalmente se adoptase tal medida.

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal para o que se necesita certificado dixital ou chave 365.

As familias que teñan dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo no que se escolarizan as súas fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Neste caso deberán enviar un correo electrónico a cpi.fonte.diaz@edu.xunta.es cos seguintes datos:

·         DNI do pai ou nai:

·         Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€

·         Nome do alumno/a:

·         Nome do pai/nai:

·         Número de conta bancaria na que recibirá o ingreso.

 O prazo de  presentación de solicitudes  comezará o día 31 de marzo e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

Resolución e pagamento das axudas.

O prazo máximo para resolver será de 10 días dende o 6 de abril data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.

O pagamento das compensacións realizarase logo da resolución das mesmas nun prazo máximo de 5 días.

En caso de dúbida poderán establecer contacto telefónico co equipo directivo no número.

634 521 753.

Máis información: Orde 27 de marzo 2020