Actividades complementarias e extraescolares
Magosto 2019
17/11/2019
Este ano, a meteoroloxía non xogou a favor do noso Magosto: nin o día de Infantil e Primaria, nin o de Secundaria. Así que quedamos no patio cuberto, sen máis actividades que comer castañas e beber leite.
Visita a Exponav de 1º de Primaria
15/11/2019
O pasado venres 8 de novembro, o alumnado de 1º Primaria visitou a exposición do Museo Naval de Ferrol (Exponav), onde @s nen@s ampliaron os seus coñecementos sobre os contidos do proxecto A volta o mundo. Aprenderon como era a vida nos navíos daquela época, viron unha maqueta do barco Sebastián Elcano, e puxeron en funcionamento unha hélice... Pasámolo en grande!
Nota: Podedes ver algunha imaxe máis no álbum Ferrol 2019 da nosa Galería.
Novembro: mes da ciencia en galego
15/11/2019
Novembro é elixido como o mes da Ciencia en galego. Enlazamos co manifesto da microbióloga Alicia Estévez que este ano ilustra tal conmemoración.
Dende o Feal, este mes celebramos diversas actividades de temática científica:
- O alumnado da ESO asistiu a unha charla sobre a importancia da reciclaxe, que se verá acompañada por un obradoiro sobre compostaxe.
- O alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de visitar o CIS, para asistir a unha charla sobre os actuais avances tecnolóxicos.
- E na biblioteca hai en marcha un concurso para pequenos investigadores da ciencia.
I Festival Escolar do Camiño Inglés
22/10/2019
O pasado venres 18 de outubro os pequerrechos de 1º de Primaria acudimos ao I Festival Escolar do Camiño Inglés e Xacobeo 2021 (no porto de Ferrol). Foi unha xornada moi divertida xa que fixemos moitas fotos nos photocalls, cantamos a canción "Segue a frecha", probamos a torta de Santiago e coloreamos a nosa propia cuncha, símbolo do peregrino. Coma nós! Somos peregrinos!
Cantando na AP-9
30/06/2019
Temos pendente publicar unha reportaxe sobre a recente excursión á Ría de Vigo de 2º de ESO. De momento, publicamos este aperitivo co alumnado desfogando durante o regreso en bus.
III Carreira de Fin de Curso do CPI do Feal
29/06/2019
Tedes algunhas fotos da nosa última carreira de fin de curso no álbum "Carreiras 2019" da nosa Galería.
Un ano máis, agradecemos a colaboración das familias, do alumnado e en xeral de tod@s os participantes. Tamén grazas de novo a Pedro Caro, pola súa animación do evento.
Viaxe de 6º de Primaria a Madrid
27/05/2019
Aquí tedes ao noso alumnado de 6º de Primaria cegado polo sol madrileño, durante a viaxe de fin de etapa que fixo a pasada semana. Próxima parada: a ESO.
Coidado cos espellos
15/05/2019
Temos pendente unha reportaxe sobre a recente viaxe a Irlanda do noso alumnado de 1º e 3º de ESO (na sección bilingüe de Plástica), pero como adianto, envíannos este simpático despiste de Antón nun museo de cera irlandés.
Paseo ciclista polo Belelle
07/05/2019
Esta mañá, o alumnado de 6º de Primaria saíu en bici pola beira do río Belelle ata chegar á Fervenza. O noso agradecemento ao Equipo de Educación Vial do Concello, pois sen eles non sería posible esta espectacular saída.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com