Lope
Mar González, 17/10/2010
Acudín a ver esta película con certa desconfianza, pois as críticas non estaban sendo moi positivas, con todo, non me decepcionou: saín do cine coa sensación de ter estado un ratiño na España de finais do século XVI, compartindo as andanzas do xoven Lope de Vega. Pareceume moi boa a ambientación, o clima que se respira mantense fiel á idea que temos desa época do Imperio e creo que tamén é moi axeitada a recreación biográfica dos anos de xuventude do protagonista. A interpretación de Alberto Ammann (actor revelación no filme Celda 211) pareceume moi boa, así como a das dúas protagonistas femininas: Elena Osorio (interpretada por Pilar López de Ayala), a muller liberal e paixoal que inspira os primeiros sonetos do escritor; e Leonor Watling, no papel de Isabel de Urbina, unha noble que encarna o amor na vertente máis romántica. Aínda que hai un forte compoñente erótico, non hai esceas de sexo explícito, así que pode ser recomendada a rapaces de Secundaria para que vexan unhas pinceladas da nosa historia e para que comprendan a intelixencia, ambición e talento do home que se convertiría no autor máis prolífico da literatura Barroca.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com