Vargas Llosa, Nobel de Literatura 2010
Mar González, 10/10/10
A estas alturas todos saberedes que o Premio Nobel de Literatura 2010 foi concedido ao escritor hispano-peruano Mario Vargas LLosa. A súa extensa traxectoria abarca xéneros como o ensaio, o teatro e a novela, nos que trata variados temas, sempre marcados pola súa persoal vinculación á sociedade e á política do seu tempo. Non faltan as notas eróticas e humorísticas en moitas das súas historias, que tamén destacan o lado máis cruel do ser humano. Non deixedes de ler algunha das súas obras, seguro que quedades atrapados: La tía Julia y el escribidor, Pantaleón y las visitadoras, Conversación en la catedral, Travesuras de la niña mala, son só algunhas suxerencias.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com