Saltar navegación.
Inicio

Literatura

Ida Vitale, Premio Cervantes 2018

15/11/2018

A poetisa Ida Vitale (Montevideo, 1923) acaba de ser elixida Premio Cervantes 2018. Este galardón considérase o Nobel de Literatura das Letras Hispánicas. Neste caso recoñece non só a súa traxectoria poética, senón tamén o seu labor intelectual, como crítica e tradutora. Nos versos de Ida Vitale atopamos o contraste entre o universal e o persoal, entre o culto e o popular. A esencia da súa obra é o reflexo social, sen perder unha actitude vitalista.

8itodifunde: Suxestións de lectura para este verán

Estante árbore

15/06/2016

Se che gusta ler, aquí deixamos unha ligazón cunha lista de libros recomendados polos Correspondentes Xuvenís doutras escolas:

xuventude.xunta.es/uploads/libros.pdf

Premio literario no Concello de Ames para Aldara Castro Meizoso

Aldara Castro Meizoso
 

26/05/2015

No Feal hai tempo que sabemos o moito que vale a nosa alumna Aldara Castro Meizoso (4ºESO). Desde hai unhas semanas, tamén o saben no Concello de Ames, onde conseguiu un segundo premio cun dos seus poemas. Este Certame Literario, que vai pola duodécima edición, é xa un concurso de referencia dentro do mundo da poesía e a narrativa galegas, no que pode participar calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. Establécense tres categorías –infantil, xuvenil e adulta–. Parabéns, Aldara!

 

Día Internacional do Teatro

Dende 1961 establécese o 27 de marzo como Día Internacional do teatro. Cada ano unha persoa relevante relacionada co teatro comparte as súas reflexións sobre este xénero literario. A mensaxe do 2014 é do dramaturgo surafricano Brett Bailey.

Coincidindo con esta data, entréganse os Premios María Casares, que recoñecen os mellores traballos de cada categoría do teatro galego. A gala será esta noite no teatro Rosalía de Castro.

A nivel nacional, os galardóns da SGAE recóllense nos Premios Max de Teatro. Xa está publicada a lista de candidaturas, entre elas a de mellor actor para Juan Diego, polo monólogo La lengua madre, que representará no Pazo da Cultura de Narón este sábado día 29 marzo. Como mellor actriz, está nomeada Concha Velasco, pola obra Hécuba, que tamén poderemos ver no Pazo da Cultura o 15 de xuño.

Concurso de relato curto organizado por Coca-Cola

Coca-Cola 2014

17/03/2014

Este grupo de alumnos de 2º ESO representará ao CPI do Feal na 54ª edición do Concurso Jóvenes Talentos de relato curto, organizado por Coca Cola, que este ano conta coa colaboración da RAE, que celebra o seu III centenario.

Haberá dúas convocatorias: o 21 de marzo realizarase a proba de redacción en lingua galega. Nela participarán: Olga Gil, Estefanía López, Manuela Meizoso, e Alicia Santos.

O 4 de abril será a proba de redacción en lingua castelá.  Os representantes serán: Olga Gil, Raúl Hermida, Hugo Salgado e Alicia Santos.

Desexamos que teñan moita sorte e que amosen o seu talento creativo.

Coca Cola 2014 (galego)

A proba de galego (21/03/2014)

 

Coca Cola 2014 (castelán)

Os participantes na proba de castelán (04/04/2014)

Premio Planeta 2010

Eduardo Mendoza

Eduardo Mendoza
Mar González, 22/10/2010

O máis famoso dos Premios Literarios que se conceden no noso país, recaeu este ano no escritor catalán, Eduardo Mendoza. As súas obras marcadas pola intriga e a ironía, sempre teñen boa acollida entre os lectores. Sin noticias de Gurb, El misterio de la cripta embrujada o La verdad sobre el caso Savolta son habituais lecturas entre os alumnos de Secundaria e Bacharelato. A obra pola que gaña o Planeta 2010 titúlase Riña de gatos. Madrid, 1936. Trátase dunha novela de espionaxe e aventuras, ambientada en Madrid nos días previos ao inicio da Guerra Civil.

Finalista deste recoñecido galardón temos á periodista valenciana Carmen Amoraga, coa obra El tiempo mientras tanto que narra o cambio que sofre a fría relación existente entre unha nai e unha filla cando ésta entra en coma. Ao longo da novela van entrando variadas personaxes que ofrecen unha mostra da súa historia e crean unha novela coral.

Vargas Llosa, Nobel de Literatura 2010

Mar González, 10/10/10

A estas alturas todos saberedes que o Premio Nobel de Literatura 2010 foi concedido ao escritor hispano-peruano Mario Vargas LLosa. A súa extensa traxectoria abarca xéneros como o ensaio, o teatro e a novela, nos que trata variados temas, sempre marcados pola súa persoal vinculación á sociedade e á política do seu tempo. Non faltan as notas eróticas e humorísticas en moitas das súas historias, que tamén destacan o lado máis cruel do ser humano. Non deixedes de ler algunha das súas obras, seguro que quedades atrapados: La tía Julia y el escribidor, Pantaleón y las visitadoras, Conversación en la catedral, Travesuras de la niña mala, son só algunhas suxerencias. 

Adeus a Miguel Delibes

 

Mar González, 12 / 03 /2010

Esta mañá falecía o escritor Miguel Delibes. Nado en Valladolid en 1920, a súa extensa bibliografía comenzaría coa novela es La sombra del ciprés es alargada, coa que gañou o Premio Nadal en 1948. Licenciado en Comercio, a súa inclinación polas letras iniciase colaborando como periodista dende moi novo. Gran coñecedor da natureza e apaixoado da caza, reflicte esa temática en moitas das súas obras. No ano 1973 foi elixido membro da Real Academia Española. Son moitos os títulos deste autor que quedan na nosa memoria: El Camino, El príncipe destronado, Cinco horas con Mario, Señora de rojo sobre fondo gris, Los santos inocentes, Las ratas, El hereje... formarán parte da cultura literaria das xeracións de posguerra. Homenaxeado e recoñecido en vida a través de numerosos e prestixiosos galardóns como O Premio Príncipe de Asturias, o Premio Nacional de Las letras, Premio Cervantes, etc. Delibes permanecerá como un gran moralista que soubo plasmar a cotidianidade a través de entrañables personaxes. O noso recordo desde este rincón.

Todo son contos

Anticupido

Mar González, 06/03/2009

Si, si…. O príncipe azul, a princesa rosa, Cupido tirando frechas, corazóns a rebosar de amor, palabras bonitas, bicos e sorrisos…pero a onde imos con isto: espertade xa…Colorín colorado: iso é un conto e a realidade é outra: máis crúa, máis triste, pero é o que hai. A maioría das historias están cheas de enganos, de dor, de mentiras, de malos modos, de rutinas e desencantos…, ou pensabades que as campaniñas ían tocar sempre e as bolboretas brincar no estómago. Vaia cursilada… O Romanticismo é só un ideal… e afortunados aqueles poucos que o poden realizar. Basta con mirar ao redor para decatarse de que son máis os corazóns partíos, (como dixo Alexandro), os lamentos (basta escoitar fados, tangos, etc), os reproches e as despedidas, os motivos amorosos que dominan a literatura e as cancións: por algo será… así que, deixemos a Cupido para os contos… e apostemos por saber levar o mellor posible a este Demo Valentín que case sempre nos tortura.

Nesta ocasión, tedes o Buzón do demo Valentín para escribir mensaxes a quen vos fixo dano e a Rockola do desengano para pedir cancións de rabieta ou despedida.

Corazón roto Rockola azul

Buzón do demo Valentín

Rockola do desengano

Tamén deixamos aquí algunhas citas recompiladas por profes; esperamos que se vaian ampliando coas vosas aportacións...

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido