Saltar navegación.
Inicio

Resumo do último festival solidario da ONG Lena

 

Ángel Carrera, 14/01/2010

O pasado 26 de decembro, a ONG máis vinculada co CPI do Feal celebrou un novo festival, que podes ver resumido máis arriba no vídeo de YouTube. No vídeo, hai fantásticas fotos e fragmentos de diversas actuacións. Atoparás moita xente coñecida, como Cándido Pazó (que actuou o curso pasado no Feal), Javier Ojeda (o cantante de Danza Invisible), Ricardo de Barreiro... e por suposto a presidenta da ONG Lena (a nosa querida Merchi). Durante o resumo, tamén podes escoitar parte da canción que o músico ferrolán Marcos Mella compuso para a ocasión ("El futuro nace hoy"), cedendo os dereitos á ONG. Na gala, Marcos contou que o primeiro artista co que contactou para que participara na presentación desta canción fora Antonio Vega, moi pouco antes do seu falecemento.

Dada a lamentable velocidade que temos na conexión a Internet do Feal e a boa definición do vídeo, é tontería que trates de velo no noso centro; proba na túa casa. Unha mención especial para o autor do espléndido vídeo: Adrián Cunha; xa nos gustaría telo de reporteiro para esta web!! Podes ver máis traballos seus en www.pixelinphoto.com

Remato xa: parabéns para a ONG Lena, que cada vez ten máis éxito nas súas actividades.

ONG Lena

Encantoume o vídeo e estou a favor de que a xente colabore con este tipo de asuntos e actvidades. Saúdos.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com