A rockola do desengano
Ángel Carrera, 28/02/2009
Xa estaba ben de tanta cursilería, a semana rosa da nosa web necesitaba urxentemente un antídoto. A primeira en abrir fogo na rockola do desengano foi Paloma con "Que te den" de Amparanoia, pero xa temos máis peticións da xente do Feal. Unha vez máis, agardamos con ansia as vosas suxestións máis abaixo, nos comentarios deste artigo. Se pode ser, explicade por qué vos apetece escoitar a vosa elección.
Peticións recibidas ata o momento d@s desalmad@s:
- Amparanoia: Paloma García
- Julieta Venegas, Malú e Mina: Mar González
- Iván Ferreiro e Alanis Morissette: Ángel Carrera
- Luz Casal: María Anca
- Soraya: Carmen Leira
Peticións recibidas ata o momento d@s romántic@s incurables que non se renden aínda que @s deixen plantad@s:
- Scorpions: Montse Lorenzo
- Conchita: Belén Leira
- Jonas Brothers: Elenitta
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
* :D
RecoOmiiendoO la canciiOon dee "a little bit longer"
(jonas brothers)
es bonita yy muuy buuena!! :)
by: elenitta
"Still loving you" de SCORPIONS
Din que os cantantes de rock duro compoñen as mellores baladas, e así é, na miña opinión, no caso dos alemáns Scorpions. A golpe de guitarra, desesperado, o rapaz non deixa de pedir unha nova oportunidade á muller á que aínda quere para tentar remendar os erros que acabaron có seu amor. Xa sabemos que isto ocorre a miúdo porque, amigo, as cousiñas hai que coidalas, así que apliquémonos todos o conto....
caRmen*
poDéiS poneeR sta canción, es de hace mucHo tiempo peRo nO se me ocuRRía ninguna *mi munDo sin ti* de sOraya aRneLas http://www.youtube.com/watch?v=mTo7MiVDkPU un beSooo
*stela*
pOdéis pOner esta canción de la Quinta estaciOn y melOcOs "Que cuandO me vaya" http://www.youtube.com/watch?v=dWTjo1OBGpE un besitO
beLy*
poDiaiS poneR la canciOn de concHita "naDa que peRdeR" es pRecioSaa.. http://www.youtube.com/watch?v=i1pbXodtXA4 un beSoo
"No me importa nada": Luz Casal
Gustaríame engadir este tema porque a indiferenza é sen dúbida a maneira máis clara en que o desamor se vai manifestando. Se xa non che importa o que diga, o que faga,... esa histora está acabada.
A veces te echo de menos y a veces te echo de más
A canción de Iván Ferreiro que escollín xa a explica el mesmo ao comezo do vídeo. Faime gracia a estrofa cunha rima que parece pedir que remate cun "...digámonos te quiero", pero a rima queda rota cun "...digámonos adiós".
Respecto á miña elección de Alanis Morissette, é a rabia en estado puro, de iso se trata o rock.
Ángel
Alanis...
Cando Ángel me dixo que había unha rockola, fun como unha tola a mirar... e cando vin que o tema era o desamor o primeiro q pensei foi ALANIS... e a canción que finalmente escolleu Ángel sonaba na miña cabeza... Non sei se terei moito máis que engadir... Delmi
Todo son contos
Pois ale, pedide, pedide, que seguro que tedes algunha canción desenamorada que dedicarlle a alguén.
Mar
San Valentín nunca máis
Que pesadez! Que profusión de arrebatos románticos! Palabras de amor sencillas y tiernas, entre a néboa de Edimburgo, con Sabina agochado no váter xunto a Yolanda... e a Callas sen parar de berrar a tía.
Propoño a Amparanoia: "adiós mi corazón, que te den, que te den por ahí, que no me supiste dar ni un poquito lo que te di a ti". O amor é así. Ou non?
Paloma