Diversión cos foguetes de auga: A terceira lei de Newton
Se hai unha actividade científica que desperta a creatividade e o espiritu de competición esa é a dos foguetes de auga.
E realmente pouco o que se necesita; a saber: botellas de auga ou refrescos de distintos tipos e tamaños, bombíns de bicicleta, válvulas de cámaras de bici, tapóns, algunha cartulina, cinta adhesiva, auga (por suposto), algún contrapeso como bolas de golf ou outro material, e por suposto moitísima creatividade.
A actrividade consiste en por en práctica a terceira lei de Newton ou principio de acción-reacción mediante a creación dun foguete propulsado por auga e aire comprimido, e mediante a aplicación do principio de proba e erro, atopar o deseño de foguete máis iodóneo que nos permitise acadar a máxima altura posible.
A creatividade e competitivade do alumnado, permitiunos acadar deseños que foron realmente eficaces e acadaron unha altura considerable.
Sen dúbida, unha actividade onde ainda poderemos experimentar novas concepcións co obxectivo de bater os records de altura acadados.