Skip to Content

Alumnos e alumnas do CPI da Cañiza, dende os 6 até os 12 anos, participan no concurso "Cuéntanos cómo ves Internet" con motivo da celebración do Día de Internet o próximo 17 de maio.

Manuel, o profesor de Relixión, é o responsábel de promover e coordinar a participación do noso alumnado neste evento. E é por todo isto que vos pedimos a todos que VOTEDES os traballos que presentaron estes rapaces e rapazas na seguinte páxina web:

http://www.diadeinternet.org/2012/index.php?body=col_cat_todos_centro&id_auteur=1074

Ata o 6 de maio, poderedes cada día votar dous traballos, xa sexa dende o computador xa dende calquera dispositivo móbil con conexión á Internet. Evidentemente, cantas máis veces se vote, máis posibilidades pode haber de gañar.

ANIMÁDEVOS e VOTADE!!

O xoves 28 de Marzo disfrutamos dunha nova xornada de deporte escolar.

Os compañeiros e compañeiras do colexio Mestre Ramiro Sorbell de Ponteareas visitaron o colexio da Cañiza para xogar a baloncesto e floorball. Disfrutamos dunha gran mañá con xogos e rematamos cunha gran merenda.


Unha gran xornada no que o de menos foron os resultados, senón a convivencia, que rematou cunha gran merenda.


     Xa está aquí o entroido 2012!

EN PRIMARIA

ORDES DO MECO:

  • Luns: Levar unha cola
  • Martes: Levar algo do revés
  • Mércores: Levar algo no pescozo
  • Xoves: Levar algo na cabeza
  • Venres: DISFRAZ LIBRE e DESFILE POLO PATIO.

 

EN SECUNDARIA. Venres 17 de febreiro

  • Concurso de sobremesas con premio á máis orixinal, á mellor presentada e á máis saborosa. Cada participante deberá presentar a receita en dous idiomas (galego/inglés, galego/francés, castelán/inglés, castelán/francés)
  • Concurso de disfraces, grupo e individual.
  • Liga de brilé profesorado-alumnado. Só para os disfrazados/as!!

O Día Internacional da Internet Segura é un evento que ten lugar cada ano no mes de febreiro co obxectivo de promover en todo o mundo un uso responsábel e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e mozos/as.

Está promovido pola Comisión Europea e está organizado por INSAFE, a Rede Europea para unha Internet Segura, e en España polo Centro de Seguridade na Internet PROTÉGELES, no marco do Safe Internet Progam.

Para ampliardes máis información, consultade as seguintes páxinas:

http://www.diainternetsegura.es/

http://www.protegeles.com/

http://www.policia.es/org_central/judicial/udef/bit_conse_segurid.html

 

Estes son os menús do comedor para este mes de febreiro que podedes descargar en PDF.

- Menú escolar

- Menú celíaco

- Menú dieta

- Menú Iago

BIBLOGCAÑIZA é o novo blog da Biblioteca do CPI da Cañiza. Poderedes acceder dende a ligazón presente no apartado BIBLIOTECA e pinchando na imaxe BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA , situado á dereita desta páxina web.

Distribuir contido


by Dr. Radut