1.- A distribución de máscaras será destinada ao alumnado de primaria e secundaria que:
a) Fose beneficiario da axuda para adquirir material
b) Non fose beneficiario, pero teña unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€
2.- Os alumnos beneficiarios da axuda para adqusición de material escolar no curso 2021-2022 estarán exentos de presentar solicitude, é dicir, serán directamente beneficiarios das máscaras.
3.- Os alumnos non beneficiarios da axuda do material escolar deberán entregar no centro educativo ata o día 27 de NOVEMBRO a solicitude (Anexo I) xunto coa seguinte documentación:
- Anexo II
- Copia do libro de familia
- En caso de separación ou divorcio a sentenza xudicial e/ou convenio regulador
- Certificado do grado de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada
- Resolución administrativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores
- Certificado de convivencia no caso de que o pai e a nai ou o titor carezan de DNI e NIE
4.- Os anexos I e II poderán recollerse no centro educativo ou na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES&langId=es_ES
AVISO IMPORTANTE!! No anexo I da solicitude, publicado no Diario Oficial de Galicia, omitiuse o campo relativo aos datos do alumnado para o que se solicita a axuda.
Tendo en conta o breve prazo de presentación de solicitudes, esta información pódese incluír na cabeceira da solicitude