Skip to Content

MENÚ COMEDOR ESCOLAR MARZO 2022

OFERTA PRAZAS E VACANTES CPI DA CAÑIZA 2022-2023

ADMISIÓN - MATRÍCULA ALUMNADO NOVO INGRESO 2022-2023

PRAZO DE ADMISIÓN para tódolos alumnos de novo ingreso de INFANTIL, PRIMARIA e SECUNDARIA:

do 1 ao 21 DE MARZO (ambos inclusive), presencial na secretaría do edificio de secundaria

PRAZO ORDINARIO DE MATRÍCULA para tódolos alumnos de novo ingreso de INFANTIL, PRIMARIA e SECUNDARIA:

do 1 ao 10 de XULLO (ambos inclusive), presencial na secretaría do edificio de secundaria

 

!!!IMPORTANTE!!! o alumnado de novo ingreso, que no vindeiro ano académico curse 4º de educación infantil e que aporte toda a documentación, no proceso de admisión, xa non precisan facer a matrícula en xullo.

O resto do alumnado de novo ingreso ademáis do proceso de admisión, deberá facer a matrícula así como aportar a documentación do 1 ao 10 de xullo (ambos inclusive)

A todo o alumnado que xa está cursando estudios no CPI DA CAÑIZA (infantil-primaria-secundaria), xa os matriculamos nós por defecto, polo tanto non precisan vir ao centro para realizar a matrícula.

 

Os interesados ademáis de presentar os impresos debidamente cubertos e asinados, deberán aportar a seguinte documentación que a continuación se relaciona. Recorden que non facemos fotocopias no centro.

 

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN APORTAR

(ALUMNADO NOVO INGRESO INFANTIL-PRIMARIA-SECUNDARIA)

 

CERTIFICADO DE CONVIVENCIA (deben figurar todos os membros da unidade familiar: pai/nai/fillos)

FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A (obrigatorio a partir dos 14 anos)

FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA

FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO ALUMNO/A

FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS

3 FOTOS DO ALUMNO/A CO NOME ESCRITO DETRÁS

CERTIFICADO DE NOTAS DO ÚLTIMO CURSO ACADÉMICO, INCLUÍDAS AS MATERIAS PENDENTES DOUTROS CURSOS.

RAP E IGUALDADE

Asesorado por especialistas, o alumnado de 3º da ESO participou nun obradoiro de igualdade que buscaba concienciar e reivindicar a posición da muller na sociedade.

No blog da biblioteca podemos escoitar as súas creacións.

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Xa no blog da biblioteca a montaxe da que vos falaramos. Mirade que ben soa Rosalía noutras linguas.

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

En Secundaria conmemoramos a data con variadas accións; aínda que, de momento, só podemos ir mostrando unha interpretación musical e os caligramas que o alumnado presentou ao concurso que organizaron conxuntamente varios departamentos.

Haberá máis... pero está en fase de montaxe. Atentos.

11F EN SON DA ESO, A RADIO DE SECUNDARIA.

Aplicación da lexislación sobre a obligatoriedade do uso de máscara en centros educativos

Estimadas familias:

Informamos, a modo de resumen, das novas normas do uso das máscaras nos centros educativos  (https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/COVID-19_Obligatoriedad_mascarillas_centros_educativos.pdf)

1. O uso de máscara en interiores continúa a ser obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos (e recomendable para maiores de 3 anos).

2. O uso de máscaras en espazos ao aire libre deixa de ser obrigatorio na actividade educativa ordinaria.

3. Cando polas súas dimensións ou características nalgún momento puntual tivesen lugar aglomeracións, a recomendación é que nestes casos si se use a máscara.

4. É obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar a partir de 6 anos (recomendable de 3 a 5 anos)

Atentamente,

a dirección

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Con variados recursos, o alumnado de Secundaria celebrou o día. Entrade aquí.

DÍA DA PAZ

Como cada ano, a carreira solidaria protagonizou o día. A máis voltas, máis alimentos. Máis...

Distribuir contido


by Dr. Radut