Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Matemáticas, Orientación, Lingua galega, Educación Plástica Visual, Música

Nova entrega da meteoroloxía en Latín

O alumnado de 4ºESO continúa traballando a meteoroloxía en Latín dentro do proxecto Meteoescolas.

Despois de abordar a chuvia (pluvia), o fenómeno máis común polas nosas terras, atrévese coa sarabia (grando). Neste enlace podedes acceder a esta segunda entrega: Grandinat.

Quentando motores para o Correlingua

O alumnado de 3º ESO deu os primeiros pasos do Correlingua 2024 participando no obradoiro "Desata a lingua", de mans da poeta Lucía Aldao.

A finalidade desta actividade era a elaboración de lemas en defensa da lingua, partindo dunha serie de textos actuais referidos ao uso, vixencia e prestixio do galego: os premios nacionais de poesía e teatro para Yolanda Castaño e Paula Carballeira; o emprego das linguas cooficiais, e polo tanto do galego, no Congreso dos deputados, a difusión da música en galego a raíz da participación das Tanxugueiras na preselección de Eurovisión, o aumento de tiktokers, youtubers e demais influencers na nosa lingua, etc.

Velaquí un exemplo do resultado deste traballo:

 

Alumnado de 1º ESO participa na Digitalweek en Os Peares

Entre os días 5 e 11 de novembro de 2023, 25 alumnas e alumnos de 1º ESO participan na Digitalweek no centro de inmersión lingüística de Os Peares. Organizado pola CCEFPU, é un programa de inmersión lingüística en inglés a través do desenvolvemento de actividades dixitais, nomeadamente: robótica, creación de páxinas web, deseño, escaneo e impresión 3D e tamén actividades físicas, de convivencia e cultura.

Máis información | Digitalweek

Seguindo os pasos de Cabanillas

O pasado 24 de outubro o alumnado de 4ºESO realizou unha saída a Cambados para coñecer de primeira man os espazos vitais de Ramón Cabanillas.

O programa dese día comezou coa visita ao Museo Ramón Cabanillas, guiada polo catedrático de Filoloxía Románica da USC, Francisco Fernández Rei.

 

A seguir puidemos acceder á casa natal do poeta das Irmandades.

E, finalmente, o alumnado realizou unha xincana na procura dos lugares máis destacados na biografía do autor cambadés.

A actividade quedou deslucida debido ao mal tempo, xa que choveu todo o día, e isto provocou que non puidesen completar a xincana en condicións.

Meteoescolas en Latín

Dende hai uns anos a materia de Latín correspóndelle ao Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Neste curso o alumnado de Latín colabora co proxecto de Meteoescolas e neste enlace podedes atopar a súa primeira achega: Pluit

Programación didáctica Música 3º ESO 23/24

No arquivo adxunto está  a Programación didáctica de Música de 3º ESO para o curso 23/24.

Programación didáctica Música 2º ESO curso 23/24

No arquivo adxunto está  a Programación didáctica de Música de 2º ESO para o curso 23/24.

Distribuir contido


by Dr. Radut