Skip to Content

Un día de teatro e de arte urbana en Carballo

Alumnado de 4º da ESO no FIOT

O alumnado de 4º de ESO realizamos o mércores 16 de outubro unha saída a Carballo na que coñecemos o FIOT, na que asistimos á representación da obra teatral DeseXo e na que fixemos unha ruta por diversos murais de arte urbana da vila.

Alumnado no teatro en Carballo [Foto Ana García]

No Pazo da Cultura de Carballo coñecemos o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que se celebra na capital de Bergantiños desde hai 33 anos. Descubrímolo a través da presentación que nos fixo persoal do Departamento de Cultura e da visita á mostra fotográfica Zoom FIOT. A continuación, asistimos á representación da obra DeseXo, de Talía Teatro. Unha reflexión destinada a adolescentes sobre a educación sexual, e que o grupo participante de 4º da ESO contribuímos a construír a través dun obradoiro que o curso pasado fixemos co director e actores da obra, da compañía Talía Teatro. Ao finalizar a representación mantivemos un interesante coloquio co director, coa actriz e co actor de DeseXo, xunto co alumnado do resto de institutos asistentes.

Nasín cando as prantas nasen

Para finalizar a nosa visita a Carballo, persoal do Departamento de Turismo organizounos unha visita guiada por algúns dos máis de 120 murais de arte urbana que hai na vila, no marco dos proxectos Derrubando Muros con Pintura e Rexenera Fest.

Humana

A saída estivo organizada polos Departamentos de Lingua Galega e de Artes Plásticas e a partir dela temos que facer diversas tarefas para as materias de Lingua e de Expresión Artística.

 

Derrubando muros con pintura

 
 
 
 


story | by Dr. Radut