ÉRASE UNHA VEZ EN RIANXO
Hoxe o alumnado de 4º ESO desprazouse a Rianxo para realizar o roteiro de Castelao e visitar a Casa-Museo de Manuel Antonio.
Tiveron a sorte de contar cun día fantástico e así poder aproveitar mellor o tempo para coñecer os espazos vitais de dous dos autores máis fundamentais da literatura galega.