Esta páxina web é unha especie de biblioteca musical onde poderedes escoitar a música que máis vos guste, posto que contén todos os estilos musicais: pop, rock, country, folk, blues, techno, música clásica... creada por un profesor de informática de Albacete. Ademáis, podedes mandarlle suxerencias para que inclúa novos autores. En resumo, unha especie de "Spotify" pero de balde. Botádelle unha ollada e veredes que ben está!!!!
Poñédeslle música á banda sonora da vosa vida? Isto xa é posible cun só clic.
Retrojam é unha app coa que podedes desfrutar das cancións que soaron dende o ano do voso nacemento ata o momento. Esta especie de viaxe ao pasado percorre as décadas musicais dende 1950 ata a actualidade.
O seu funcionamiento é moi sinxelo. Debedes de introducir a vosa data de nacemento e por arte de maxia atoparedes unha lista de reprodución coas cancións que máis soaron dende os vosos primeiros días. Seguramente, moitas cancións non vos resultarán familiares, en función do que escoitabades segundo os vosos gustos musicais, pero outras moitas recordaranvos situacións memorables asociadas á vosa infancia ou xuventude.
A aplicación permitiravos reproducir a lista de cancións en Spotify de balde e incluso mercar a música por iTunes.
Para escoitar a vosa banda sonora, clicade na imaxe e xa descargades directamente a app.
Ópera XXI, a Asociación de Teatros, Festivais e Temporadas Estables de Ópera presenta dúas aplicacións para móviles e tabletas a través das cales os nenos poden achegarse ao mundo da ópera. As dúas aplicacións, denominadas Play Ópera e Vamos a la Ópera están dispoñibles para descarga de balde en IOS e Android.
Vamos a la Ópera
Esta aplicación, recomendada para nenas/os de entre 6 e 12 anos, propón acompañar a un grupo de escolares na súa visita a un teatro de ópera. Unha guía acompañará ao grupo que descubrirá como funciona o teatro e a cantidade de funcións e oficios que se poñen en marcha para producir un espectáculo de ópera.
Play Ópera
É unha innovadora aplicación musical que presenta cinco fragmentos de cinco óperas de amor, ilustradas por recoñecidos artistas, que persegue emocionar aos nenos coas historias de amor de príncipes, princesas, labradores, bufóns, duques e asasinos. Nela poderedes atopar unha ficha dos personaxes e unha sinopsis da ópera á que pertencen: La Flauta Mágica de Wolfgang Amadeus Mozart, Turandot de Giacomo Puccini, La Cenerentola de Gioachino Rossini, Rigoletto de Giuseppe Verd e Luisa Fernanda de Federico Moreno Torroba.
Se queredes descargar algunha destas App, clicade na imaxe.
CONTINUAMOS COS COMPASES... | hai 9 anos 30 semanas |
E se fas feliz a alguén regalando MUSICA? | hai 9 anos 30 semanas |
Imos xogar un pouco con ritmos... | hai 4 anos 33 semanas |
Partitura LOS SIMPSONS | hai 9 anos 29 semanas |
#RESISTIRÉ! #EuQuedoNaCasa | hai 4 anos 34 semanas |