ARCO e Proa +

Prevención do acoso escolar

      No segundo trimestre desenvolveuse unha xornada informativa co alumnado de 3º da ESO destinada á prevención do acoso escolar e mellora da convivencia no noso centro educativo.

  

Prevención da Violencia de Xénero e Doméstica

     Con motivo da celebración do día Internacional contra a Violencia de Xénero, celebrado o 25 de novembro, o alumnado de 2º e 3º da ESO recibiu unha charla da Garda Civil na que se lle informou dos principais indicadores de violencia e control cara as mulleres, especialmente na adolescencia.

 

 

Día da Muller

Polo Día da Muller o alumnado de 5º fixo un mural coa biografía dalgunhas mulleres célebres ao longo da historia.

Visita Rasi

 Fai uns días tivemos unha visita moi especial; o esquío Rasi. Bailou e xogou con nós e trouxonos uns agasallos: un caderno para colorear e unha cestiñas con ovos de chocolate para celebrar a Pascua. Fíxonos moita ilusión coñecelo!

 

Xardineiros

Con motivo da chegada da primavera os nenos/as plantaron flores nos xardíns do colexio. Repasamos que necesitaban as plantas para vivir e pasaron unha tarde de convivencia moi divertida.   

Tarde de convivencia

Adecentamos xunto aos compañeiros de 5ºB unha zona do patio de Primaria, plantando distintas flores de tempada. Entre todos colaboramos: fixemos buracos, plantamos, limpamos a zona, regamos... 

Rematamos a tarde xogando xuntos.

COIDADO E RESPECTO POLO ENTORNO

Dentro das actividades de convivencia, e con motivo da chegada da primavera, realizamos unha plantación de flores de tempada para adecentar e poñer en valor o noso entorno e as nosas instalacións. Coidar e respectar o centro educativo, así como aprezar as distintas manifestacións da natureza, neste caso a floración na primavera, antóllasenos como parte importante na mellora da convivencia. Todas as etapas participaron nesta actividade

 

  

 

VIAXE Á NEVE 2015

Unha vez rematada a nosa viaxe á neve, os alumnos de 4º da ESO estivemos lembrando as nosas vivenzas nesa estadia polos Pirineos, por iso fixemos unha presentación de powerpoint onde relatamos a nosa convivencia ao longo dunha semana inesquecible.

Distribuir contido