ARCO e Proa +

Os planetas

O alumnado de 5º de primaria estudou durante o mes de xaneiro o sistema solar. Durante unha sesión baixaron as súas maquetas e explicáronlle ao alumnado de infantil todas as súas peculiaridades. Estaban encantados! Na foto podedes ver o alumnado de 3 anos!

Os planetas

Visita á granxa de vacas!

Hoxe o alumnado de 4º e 6° de infantil visitou a granxa Sat Busto- Corzón na Picota. Jose Antonio e José Manuel explicáronlle aos pequenos e pequenas o funcionamento da granxa, o coidado e muxido das vacas e ensináronlle toda a maquinaria. Para nós supón un peche de proxecto perfecto, xa que os nenos e nenas puideron vivenciar e coñecer de primeira man todo o aprendido neste trimestre.

Visita á granxa de vacas!

ENTROIDO 2019

19/03/2019 19:11

O tema do cine e da TV foi a nosa  isnpiración para celebrar o entroido de 2019.  

No vídeo adxunto se pode ver alguns momentos do festival que este ano contou coa participación de todos os alumnos e alumnas do Cernadas. Unha festa moi bonita!

 

 

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O noso centro participou intensamente nas celebracións do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O xoves, 21 de novembro un grupo de “carteiras” repartiu postais realizados polo alumnado da ESO que denunciaban o grave problema que sofre a nosa sociedade respecto a este tema. O venres 22 os nosos alumnos e alumnas realizaron un simbólico muro de ladrillos de cartón onde puideron plasmar a súa repulsa sobre o tema da violencia contra as mulleres por medio de frases e debuxos, e co obxectivo de crear conciencia e visibilizar este grave problema. Mentres o alumnado de primaria traballou na construción dun muro para o centro, os de secundaria executárono no concello do Lousame. Nos arquivos adxuntos pódense visualizar vídeos coas imaxes deste importante acontecemento.

  Pincha no adxunto para ver o vídeo do correio e adxunto2 para ver as fotos do muro do Consello.

Samaín

O último día 31 de outubro celebramos o Samaín, unha das tradicións máis antigas que data xa da época dos celtas.

Cabazas, pasillos e aulas, todo adornado con moita creatividade e orixinalidade transportáronnos á noite do Samaín, mantendo viva esta tradición.

 

Pincha para ver os vencedores do concurso de cabazas

INTERVENCIÓN EN PATIO INTERIOR PARA A SÚA MELLORA. ARTE E NATUREZA COMO EIXE TRANSFORMADOR

 O proxecto que presentamos trata de mellorar o patio interior anexo ao comedor e a un dos corredores do centro escolar. Trátase dun espazo que se foi degradando co paso do tempo e que é moi visible dada a súa localización. A intención é realizar un proxecto interdisciplinar no que o alumnado se vexa involucrado e identificado aportando as súas ideas e traballo para alcanzar unha mellora dese espazo. Para iso elaboramos un plan de actuación que se basea en tres fases de actuación:

 

- Reparación e mellora estética. O Concello de Lousame colabora no proxecto levando a cabo as seguintes actuacións: limpeza e pintado das paredes, colocación de lona e aportación de grava para uniformidade e mellora estética do chan.

Mural: Eu e a miña mascota

Ao abeiro da nosa participación no proxecto Protexe os animais (Plan Proxecta) e grazas a colaboración das familias dos nenos e nenas de Educación infantil, este é o resultado do noso mural “Eu e a miña mascota”. Nel, aparecen as fotos de case todo o alumnado coa súa mascota, aproveitando a ocasión para falar dos coidados de cada un deles e tamén do seu nome e cariño que lle temos. Esperamos que vos guste!

Mural: Eu e a miña mascota

Os nosos nomes meten medo.

Coincidindo coas datas do Samaín, os nenos e nenas de 3º gozamos do traballo cuns carteliños cos nosos nomes compostos coa imaxe de diferentes monstros.

Distribuir contido