ARCO e Proa +
Vea artística
Aproveitamos o Entroido para facer unha obra de teatro con tod@as as personaxes das que nos disfrazamos. Cada un tiña adquirida unha responsabilidade para que todo funcionase.
Saída a Naturmaz
Día de convivencia en Naturmaz onde todo o alumnado participou nas distintas actividades ofertadas. Realizaron actividades como: tiro con arco, escalada, busca do tesouro...
Para poder realizar algunha das actividades era necesario o traballo en equipo, para así conseguir o obxectivo marcado.
Taller de elaboración de iogures
Enviado por ana.balsa o Mar, 07/05/2019 - 13:18Durante o segundo trimestre, o alumnado de 4° e 6° de infantil traballou a vaca. Entre outras actividades para achegarmos ao coñecemento dos produtos lácteos fixemos iogures. Para mostra, tedes na foto un equipo de cociñeiros de 4° de infantil.
Sementamos, coidamos e transplantamos
Enviado por ana.balsa o Mar, 07/05/2019 - 13:15Durante este curso o alumnado de infantil está involucrado nun proxecto de horto escolar. No caso do alumnado de 3 anos, fomos os encargados de sementar e coidar os tomates cherries. Primeiro plantámolos, logo coidámolos e recentemente transplantámolos, levando cada neno e nena o seu tomate para a casa.
Matemáticas divertidas
Enviado por susana.sueiro o Lun, 06/05/2019 - 15:17Reducir, reciclar e reutilizar
Enviado por ana.balsa o Xov, 02/05/2019 - 11:31Día da paz
Enviado por ana.balsa o Xov, 02/05/2019 - 11:26Xogo compartido
Enviado por ana.balsa o Xov, 02/05/2019 - 11:23O xogo simbólico é unha das fontes de aprendizaxe máis importantes na etapa lnfantil, máis cando se enriquece o intercambio con alumnos e alumnas de distintas idades. Na foto, o alumnado de 4° e 6° de infantil, compartindo xogo e aprendizaxe, e polo tanto, aprendendo a convivir. Esperamos que vos guste!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »