Con este xogo de aprendomusica.com seguimos practicando ritmos en tres niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. A ver quen consegue resolver os tres niveis!!! Ánimo!!!
Hoxe celébrase o Día do Piano 2019. Sabedes por que? Pois porque hoxe é o día 88 do ano, o cal coinicide coas 88 teclas do piano. Para festexalo, estes días celébranse por todo o mundo moitos eventos pinanísticos.
Como non se pode saír da casa, clicade na imaxe do piano de cola e poderedes ver como é o proceso de construcción dun piano. Espero que vos guste!
Ánimo!
Aquí vos deixo un enlace á páxina aprendomusica.com para os alumnos/as de 3º curso, que se están iniciando no manexo da frauta doce pero que axiña se convertirán en expertos músicos...
De todos os xeitos, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º curso tamén lle podedes botar unha ollada se o precisades!!!
Con este xogo de aprendomusica.com poderes practicar a colocación das Notas Musicais no pentagrama. A ver quen consegue máis puntuación!!!
Este xogo de aprendomusica.com é unha iniciación á identificación da escala de notas musicais. Debedes de comezar polo nivel máis inferior e ir incrementando a dificultade a medida que vos atopedes seguros! Ánimo a eses futuros músicos!!!
Estes exercicios de aprendomusica.com son de repaso dos contidos máis básicos de Linguaxe Musical, que estudiamos nos temas anteriores. Adiviñaredes as catro preguntas???
BENVIDA AO NOVO BLOG DE MÚSICA | hai 9 anos 44 semanas |
Apuntamentos "AS FIGURAS MUSICAIS" | hai 9 anos 39 semanas |
Partitura OS PICAPEDRA | hai 9 anos 39 semanas |
Partitura BSO TITANIC | hai 9 anos 39 semanas |
Novas APP de Ópera para o público infantil e xuvenil | hai 9 anos 26 semanas |