Atención á diversidade |
Este curso tamén colaboramos coa iniciativa "Sillas Rojas" que pretende dar visibilidade aos nenos en países que non teñen dereito a educación. Tratamos o tema na aula e logo cadaquen realizou un boceto da súa silla, elexiu o material e executouna. Estes foron os resultados. |
|||
Durante este curso escolar fixemos talleres continuados de matemáticas manipulativas, para poder comprender mellor todos aqueles contidos que traballamos a diario dentro da aula. Sempre deixamos un rato de manipulación libre e creatividade, para dar forma ás nosas propias ideas. BLOQUES LÓXICOS
XEOPLANOS
REGLETAS
|
|||
Ao longo do curso descubrimos novos xogos cos que traballamos a atención, o respecto das normas, a axuda aos compañeiros, a empatía e comprensión... Tamén colaboramos entre todos para realizar o noso propio xogo do memory!
|
|||
Nesta actividade eleximos sustancias cas que nos apetecía experimentar, determinamos o material a utilizar e tomamos notas das nosas hipóteses. Despois de levar a cabo as mesturas, observamos se as nosas suposicións erna correctas ou non. |
|||
Os máis pequeniños traballamos dun xeito moi motivante utilizando unha mesa de luz. Enriba fixemos agrupacións con pedras de cores e as nosas creacións con figuras de xel.
|
|||
Nesta actividade traballamos a comprensión de textos instructivos e realizamos animais con papel, neste caso unha bolboreta.
|
|||
|
|||