3ºA |
|
|||
Estes días @s nen@s de 3ºA de Primaria estivemos traballando os pareados e puxémonos a inventar unha chea deles. Cada un de nós inventou o seu pareado e aínda que, ao primeiro nos custou un pouco iso de escribir en torno ao debuxo o resultado final non quedou mal. Deixamos algún exemplo para que vexades o noso traballo.
|
|||
Esta semana @s nen@s de 3ºA estivemos traballando sobre Kandinsky na clase plástica, deste xeito ademáis da competencia artística desenvolvemos a competencia matemática. O que fixemos foi copiar un cadro xeométrico de Kandinsky pero tivemos que facelo con plastilina, así, estivemos modelando cadrados, círculos, rectángulos, triángulos, liñas abertas e pechadas... Velaí tendes o resultado final, esperamos que vos guste. |
|||
Co gallo do día do libro @s alumn@s de 3ºA e 3ºB de Primaria o pasado luns día 27 de abril tivemos unha visita na nosa aula. Para conmemorar este día decideuse que os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º lle lesen un conto aos de Infantil, 1º, 2º e 3º. Foi así, como a nosa aula chegaron @s nen@s de 5ºA. |
|||
Como a Kandinsky lle gustaba moito facer cadros xeométricos e o de "Círculos Concéntricos" nos encanta, esta semana na clase de matemáticas tivemos que debuxar o noso propio cadro de círculos concéntricos. A nosa profe deunos un cadrado de papel no que marcamos o centro. Logo, e tomando como referencia ese centro, tivemos que ir debuxando con rotuladores círculos ata completar todo o cadrado. |
|||
Ao longo desta semana @s alumn@s de 3ºA tocounos describir a Kandinsky. Agora que sabemos un montón de cousas sobre a súa vida, a nosa profe deunos unha foto e tivemos que falar de como era este pintor, tanto físicamente como a nivel de carácter. A foto axudounos moito co aspecto físico pero para describir a súa forma de ser tivemos que pensar no que leramos sobre él. |
|||
Esta semana na clase de Lingua Castelá volvimos a traballar a biografía. A semana pasada vimos unha biografía de Kandinsky online e esta semana lémola en formato impreso. Fomos comprobando todo aquilo que aprenderamos: |
|||
Esta semana na clase de matemáticas estivemos traballando os triángulos. Xa tiñamos un pouco esquecidos os tipos de triángulos que hai polo que antes de empezar os tivemos que recordar entre todos. Unha vez que lembramos que os triángulos poden ser: equiláteros, isósceles ou escalenos, a nosa profe deunos un cadro de Kandinsky e nel tivemos que buscar todos os triángulos que visemos, repasamolos con rotuladores de cores, medimos e poñíamos ao lado de que clase eran. |
|||