Biografía de Kandinsky II
Esta semana na clase de Lingua Castelá volvimos a traballar a biografía. A semana pasada vimos unha biografía de Kandinsky online e esta semana lémola en formato impreso.
Fomos comprobando todo aquilo que aprenderamos:
- Que había datas e lugares exactos.
- Que estaba escrita en terceira persoa.
- Que nomea os feitos importantes da vida dunha persoa.Tamén fomos comprobando se o que viramos no video e o que estaba escrito se correspondía.
Para finalizar contestamos a unhas preguntas sobre a vida de Kandinsky.
Deixamos unha fotiño de cando estabamos traballando.