2ºA |
Os alumnos de 2 A de primaria ao longo do curso 2020/2021 desenvolveron o seu proxecto sobre a máquina do tempo,onde abarcaron as materias de maneira globalizada e gamificada. Aqui nos deixan o seu resultado:
|
|||
A MÁQUINA DO TEMPO XOGOS SOBRE O TEMPO Non hai mellor forma que aprender xogando! Os nenos e nenas de 1º e 2º sábeno moi ben e por iso traballaron o tempo cos seguintes xogos. |
|||
Para entender o ciclo da auga, fixemos por grupos, unha representación nunha bolsa transparente. Debuxamos os elementos naturais que interveñen no proceso, dende a evaporación ata a condensación. Logo enchemos as bolsas de auga e colocámolas nas fiestras da clase. Agora, todos os días podemos comprobar como o ciclo se repite unha e outra vez, como se forman as pingas de auga logo de evaporarse, e como outra vez esta volve á súa orixe. |
|||
Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas do Sistema Solar e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de primeiro e segundo de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca sobre astronomía. Os pequenos estiveron moi atentos ás explicacións, preguntaron moitas dúbidas e disfrutaron moito da actividade.
Podes ver as imaxes da exposición aquí. |
|||
Chegou o momento das despedidas, despois de dous cursos marabillosos, fantásticos,... é o momento de dicir adeus e a mellor forma é cunha Festa Rachada!
Boas vacacións de verán. |
|||
O luns 18 os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Educación Primaria fixemos a clásica andaina dende Toxosoutos ata Cabanatan. |
|||
O mércores 20 de xuño a nai dos nosos compañeiros Lena e Nuno veu ao cole a contar dous contos: Nadarín e Paco. Foi un momento máxico. |
|||
Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria fomos a granxa escola de Bergando como excursión de fin de curso. Os nenos e nenas tiveron oportunidade de realiar un paseo guiado para observar diferentes animais (alpacas, cervos, coellos, cabalos, cabras, ponis, porcos celtas,...), cabalgar, tiro con arco, repostería (rosquillas), subir a un carro tirado por un poni... Clica na imaxe para ver o ben que o pasaron!
|
|||