[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52

AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SIRVEN PARA NADA

O pasado 8 de Marzo o alumnado de 6º de Primaria, 3º e 4º de secundaria xunto co profesorado tivemos a oportunidade de asistir á charla temática AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SERVEN PARA NADA dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos.

Nesta ocasión acompañounos Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas da USC, que ademais da súa labor docente e investigadora realiza unha importante labor divulgadora como podemos ver na súa páxina web: http://webspersoais.usc.es/persoais/elena.vazquez.abal/divulgacion/. Neste enlace podemos facernos unha idea da charla que disfrutamos no día da muller traballadora: https://vimeo.com/34773040. 

O alumnado e profesorado agradecemos á profesora Elena Vázquez Abal todo o que nos trasmitiu nesa sesión: gusto polas matemáticas, valores de superación e actitude positiva ante os retos vitais que nos podemos atopar. Por todo isto foi un gusto tela connosco ofrecéndonos unha fermosa lección matemático-vital.

FESTIVAL ENTROIDO

Este ano o festival de entroido tivo moitos participantes con traxes relacionados con todo tipo de traballos e profesións. @s alumn@s trouxeron disfraces orixinais, divertidos, fantásticos...

Aquí podedes ver algunhas fotos que se corresponden cos máis pequenos de infantil que ían de cociñeiros larpeiros, cos de quinto B de primaria que ían de espectáculo circense e cos de terceiro da ESO que ían de granxeiros.

Podedes atopar máis fotos na galería premendo neste enlace. @s que queiran facer copias das fotos poden pedilas en Dirección.

EXPOSICIÓN IMAXES CON FONDO

Durante o mes de febreiro tivemos a oportunidade de desfrutar no noso centro da exposición Imaxes con Fondo, selección dun concurso fotográfico organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición busca promover a través da imaxe e a palabra a reflexión e o pensamento crítico ante graves problemas que afectan ao noso planeta e sociedade, apostando por unha actitude solidaria e respectuosa de todos nós.

O alumnado de 2º e 3º ESO de Valores Éticos realizou un traballo a partires desta exposición. Cada alumno/a escolleu unha imaxe e temática para compartir co resto do grupo e así poder buscar entre todos solucións aos problemas que afectan á nosa sociedade.

exposición fotográfica

ENCONTROS COAS AVOAS

           ENCONTROS COAS AVOAS

8 DE MARZO

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

Desta volta vimos de celebrar o Día Internacional da Muller con nove mulleres super importantes: as avoas do noso alumnado da ESO.

As mulleres, tanto no espazo familiar coma no laboral tiveron, e seguen a ter, numerosas tarefas e responsabilidades, constituíndose nun eixo vertebrador das familias e da sociedade, nun piar básico da súa construción. Porén, as ditas tarefas e responsabilidades estiveron sempre, e seguen estando, relegadas a un segundo plano en importancia. O centros educativos temos a obriga de traballar a prol da igualdade de xénero, visibilizando o papel das mulleres, e fomentando a reflexión e análise sobre as desigualdades que existiron, e aínda existen, entre ambos.     

TÍTULOS DE ESO

Desde o día 20 de febreiro de 2017 pódense recoller na oficina de administración do centro os títulos de Secundaria correspondentes ao alumnado que rematou estes estudos no ano 2014 e 2015.

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O mércores 23 de febreiro recibimos a Ledicia Costas. Os alumnos do club de lectura de 5º e os de 1º e 2º ESO fixeron moitas preguntas sobre os seus libros "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Esmeraldina, a pequena defunta" e "Julio Verne e a vida secreta das mulleres planta". Pasaron unha hora amena e, ao remate, a escritora amablemente adicoulles as novelas aos alumnos.

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca  prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017.

·        Están destinadas ao alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo.

PRAZAS VACANTES.CURSO 2017_18

                                                                    
4ºED.INFANTIL                         25(3 reservadas a NEE)
5º ED.INFANTIL 10
6º ED. INFANTIL 4
1º ED. PRIMARIA 27(6 reservadas a  NEE)
2º ED. PRIMARIA 21
3º ED. PRIMARIA 19
4º ED. PRIMARIA 20
5º ED. RIMARIA 18
6º ED. PRIMARIA 12
1º ESO 38(6reservadas a  NEE)
2º ESO 22
3º ESO 24
4º ESO 28

Distribuir contido