Responder ó comentario

AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SIRVEN PARA NADA

O pasado 8 de Marzo o alumnado de 6º de Primaria, 3º e 4º de secundaria xunto co profesorado tivemos a oportunidade de asistir á charla temática AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SERVEN PARA NADA dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos.

Nesta ocasión acompañounos Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas da USC, que ademais da súa labor docente e investigadora realiza unha importante labor divulgadora como podemos ver na súa páxina web: http://webspersoais.usc.es/persoais/elena.vazquez.abal/divulgacion/. Neste enlace podemos facernos unha idea da charla que disfrutamos no día da muller traballadora: https://vimeo.com/34773040. 

O alumnado e profesorado agradecemos á profesora Elena Vázquez Abal todo o que nos trasmitiu nesa sesión: gusto polas matemáticas, valores de superación e actitude positiva ante os retos vitais que nos podemos atopar. Por todo isto foi un gusto tela connosco ofrecéndonos unha fermosa lección matemático-vital.

Responder