[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Listaxe definitia do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25. Páxina bggon 17/07/2024 - 10:25
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14

VISITA AO COLISEO "NOELA" DE NOIA

A Biblioteca e o Departamento de Lingua e Literatura Galega organizaron unha saída para todo o alumnado da ESO. @s alumn@s asistiron á representación de Cousas a cargo do grupo de teatro Os Quinquilláns. Na aula leron o libro de Castelao no que está baseada a representación.

 

VISITA EDUCATIVA AO PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO, AO DOLMEN DE AXEITOS E AOS CASTROS DE BAROÑA

O pasado mércores 5 de abril o alumnado de 1ºESO desfrutou dunha fabulosa e soleada xornada coñecendo distintos punto de interese da península do Barbanza. 

Comezamos a visita en Corrubedo, no CIELGA (Centro de Recepción de Visitantes e de Interpretación do Ecosistema do Litoral de Galicia). Despois dun vídeo informativo sobre o complexo dunar e as lagoas de Carregal e Vixán, percorrimos acompañados polo guía polas pasarelas para aprender moitas cousas do complexo dunar.

A seguinte parada foi no magnífico dolmen de Axeitos, que nos serviu para repasar e afondar o que aprendimos na clase de Xeografía e Historia sobre o megalitismo.

Por último, visitamos o Castro de Baroña e puidemos apreciar in situ as murallas, as vivendas e as distintas partes do castro que se atopa nun bo estado de conservación.

pasarela de Corrubedo

VISITA DOS EXALUMNOS JOEL ROMERO E ALEJANDRO VIGO

A semana pasada tivemos na clase de Xeografía de 3º ESO e na titoría de 1ºA, unha visita moi especial: os antigos alumnos do noso centro Joel Romero e Alejandro Vigo. Estes rapaces e as súas familias emigraron a Alemania e Suíza respectivamente. Os alumnos e alumnas tiveron ocasión de preguntarlles todas aquelas cuestións que lles interesaba da súa experiencia vivindo noutros países europeos. 

Podes ver máis fotos e ler máis sobre este evento premendo en "ler máis".

Visita de exalumnos.

 

CHARLA TEMÁTICA: BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN

Esta semana o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir á charla temática BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos.

Nesta ocasión acompañounos Dona Teresa Rodríguez, profesora da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo da USC. A profesora explicounos de maneira moi práctica o que é a biodiversidade e a importancia da súa conservación. Tivemos a ocasión de coñecer "pequenas grandes cousas" no noso día a día para preservar o medio ambiente a biodiversidade. 

VISITA Ó SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA

@s alumn@s de 1º e 2º de ESO foron de visita ó "Salón do libro" do Pazo da Cultura de Pontevedra que este ano ten o lema "O mundo que queremos".

Aproveitaron as explicacións dos monitores para coñecer temas relacionados co coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, a solidariedade, etc., cun obxectivo final: construir un mundo mellor.

 

AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SIRVEN PARA NADA

O pasado 8 de Marzo o alumnado de 6º de Primaria, 3º e 4º de secundaria xunto co profesorado tivemos a oportunidade de asistir á charla temática AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SERVEN PARA NADA dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos.

Nesta ocasión acompañounos Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas da USC, que ademais da súa labor docente e investigadora realiza unha importante labor divulgadora como podemos ver na súa páxina web: http://webspersoais.usc.es/persoais/elena.vazquez.abal/divulgacion/. Neste enlace podemos facernos unha idea da charla que disfrutamos no día da muller traballadora: https://vimeo.com/34773040. 

O alumnado e profesorado agradecemos á profesora Elena Vázquez Abal todo o que nos trasmitiu nesa sesión: gusto polas matemáticas, valores de superación e actitude positiva ante os retos vitais que nos podemos atopar. Por todo isto foi un gusto tela connosco ofrecéndonos unha fermosa lección matemático-vital.

FESTIVAL ENTROIDO

Este ano o festival de entroido tivo moitos participantes con traxes relacionados con todo tipo de traballos e profesións. @s alumn@s trouxeron disfraces orixinais, divertidos, fantásticos...

Aquí podedes ver algunhas fotos que se corresponden cos máis pequenos de infantil que ían de cociñeiros larpeiros, cos de quinto B de primaria que ían de espectáculo circense e cos de terceiro da ESO que ían de granxeiros.

Podedes atopar máis fotos na galería premendo neste enlace. @s que queiran facer copias das fotos poden pedilas en Dirección.

EXPOSICIÓN IMAXES CON FONDO

Durante o mes de febreiro tivemos a oportunidade de desfrutar no noso centro da exposición Imaxes con Fondo, selección dun concurso fotográfico organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición busca promover a través da imaxe e a palabra a reflexión e o pensamento crítico ante graves problemas que afectan ao noso planeta e sociedade, apostando por unha actitude solidaria e respectuosa de todos nós.

O alumnado de 2º e 3º ESO de Valores Éticos realizou un traballo a partires desta exposición. Cada alumno/a escolleu unha imaxe e temática para compartir co resto do grupo e así poder buscar entre todos solucións aos problemas que afectan á nosa sociedade.

exposición fotográfica

Distribuir contido