GIUSEPPE ARCIMBOLDO

Ola a tod@s: o alumnado de 2º B de Primaria está encantado de anunciarvos que xa rematamos a nosa pequena achega ao Proxecto Documental Integrado deste ano que leva por nome: "Defíneme artista". 

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. LISTAS DEFINITIVAS

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listas definitivas de alumnado admitido no Fondo solidario de libros de texto da Xunta de Galicia para o curso 2015-2016. Deben comparar o lote de libros que se lles adxudicou coa lista de libros do curso correspondente por se cumprise mercar algún.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. LISTAS PROVISIONAIS.

Nos arquivos adxuntos poderá acceder ás listas provisionais de admitidos e excluídos no Fondo provisional de libros de texto para o curso 2015-2016.


As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro os días 8 e 9 de xullo de 2015.



  • A lista definitiva de Educación Primaria publicarase o 15 de xullo de 2015.

  • A de Educación Secundaria Obrigatoria, o 15 de setembro de 2015.

LIBROS DE TEXTO 2015-2016

Nos arquivos adxuntos poderá acceder aos listados de libros de texto para o curso 2015-2016.

XA TEMOS PROGRAMA DE RADIO

 

Por fin... Risa e despois da visita de Alberto, da ida á rotativa d'O Correo Galego, da entrevista á nosa cociñeira e da venda de larpeiradas na nosa tenda MIMOS, obtivemos a nosa recompensa: UN PROGRAMA DE RADIO, onde o noso xornalista favorito, Alberto, nos entrevista a cada un de nós.

Escoitade, escoitade....

Poema loco

Esta semana na clase de lingua castelá estivemos traballando con poemas. Entón ocorreusenos facer un poema tolo.

A actividade consistía en que cada un de nós tiña que escribir un verso para elaborar o poema, pero había unha pequena dificultade, soamente podíamos ver o verso que escribiran xusto antes de que nos tocase, polo que non sabiamos como era o resto do poema.

CALCULAMOS ÁREAS E PERÍMETROS

Para aprender a calcular os perímetros e as áreas de polígonos utilizamos un tangram que fixemos nós mesmos.

Distribuir contido