NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR


A Consellería de Educación, a través da Orde do 6 de novembro de 2015, establece unha segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015-16.


Requisitos:


-Ter una renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros.


-Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que xa se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.


Presentación de solicitudes:


-As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que esté  matriculado o alumno ou alumna, acompañadas da documentación pertinente.


-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (10 de novembro de 2015)


Máis información e impresos:


 


- No enderezo http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558 atoparán toda a información e os impresos de solicitude, que teñen tamén nos pdf. adxuntos ou na secretaría do centro.

AdxuntoTamaño
Orde6denovembro_2015.pdf834.16 KB
Solicitude axudas material escolar.pdf1.17 MB