[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

INICIO DE CURSO 2022_23

O xoves, 8 de setembro, inicíase o curso académico 2022_23 para todas as etapas educativas: Infantil, Primaria e Secundaria. Os servizos complementarios de comedor e transporte escolar funcionarán desde  ese mesmo día. O horario é de 9:10 a 15:40 horas, momento no que sairá o transporte para os domicilios. 

O alumnado que non faga uso do comedor escolar poderá ser recollido polas súas familias ao remate das clases, ás 14:10 horas para o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria, e ás 15:00 horas para o alumnado de ESO.

O alumnado de 4º de Ed. Infantil, durante o período de adaptación,  atenderá ao horario establecido pola titora.

Pre-inscrición servizo de Concilia do Concello de Lousame para o curso escolar 2022-23.

Listaxe definitiva do Fondo solidario de libros de texto e axudas para matera. Curso 2022-23.

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación  Primara e Secundaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 8 de setembro.

Listaxe provisional Fondo Solidario de libros de texto e axuda para material escolar. Curso 2022/23.

Están publicadas as listaxes  provisionais de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Primara e Secundaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h.

A entrega do vale de material efectuarase a partir do 8 de setembro.

 

 Prazo de reclamacións:  13 e 14 de xullo.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022/23.

 Listas de libros de texto de Educación Primaria, preme no enlace para a consulta.

Listas de libros de texto de ESO, preme no enlace para a consulta.

AVISO: O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria utilizará o proxecto EDixgal polo que non terán que mercar  ningún libro de texto.

Descarga no teu móbil:

 Secundaria               Primaria

PRAZO ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS

ADMISIÓN CICLOS Curso 2022-23

Saíron as datas para o proceso de admisión de solicitudes: do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas

Neste enlace atoparedes toda a información relativa ao proceso de admisión a ciclos para o curso 2022-23 (instrucións xerais, documentación, calendario, oferta, listaxes ...)

 

CAMIÑO DE SANTIAGO DA RÍA DE MUROS E NOIA

O alumnado de 1º e 2º de ESO na chegada á praza do Obradoiro logo de realizar o último tramo do Camiño de Santiago Ría de Muros e Noia, foron 14kms dende Brión ata Santiago de Compostela nuha xornada que resultou máis dura do previsto debido o día solleiro que tivemos.

III XORNADAS DE GASTRONOMÍA FRANCESA

Cartel Xornadas

Os días xoves 2 e venres 10 de xuño tiveron lugar as III Xornadas de Gastronomía Francesa organizadas polo alumnado de francés do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro e coa imprescindible colaboración e bo facer do equipo de cociña. Como en edicións anteriores deixámovos máis abaixo o enlace para responder a unha enquisa sobre a vosa opinión das xornadas. Como en edicións anteriores, leremos con moito interés as vosas valoracións e comentarios e terémolos en conta na medida do posible para as vindeiras edicións.

Enlace enquisa

Desexamos que gozarades coñecendo e aprezando a diferente gastronomía do país veciño. Moitas grazas pola vosa participación e ata a vindeira edición!

Distribuir contido