Na votación correspondente ao sector das nais, pais e titores legais do alumnado celebrada o venres 27 de maio acadáronse os seguintes resultados: Censo de pais , nais ou titores legais:289 Votos emitidos: 204 Votos a favor da xornada mixta: 139 Votos en contra da xornada mixta: 65 Abstencións: 85 Votos nulos: 0 Segundo a Orde do 29 de maio de 2008 que reguila o cambio de xornada lectiva é necesario o acordo favorable da maioria absoluta do total do censo das nais, pais ou titores legais dos alumnos/as. O censo de votantes deste curso é de 289 , polo tanto, para o cambio de xornada necesítase un mínimo de 146 votos a favor. Tendo en conta que se obtiveron 139 votos favorables NON HAI CAMBIO DE XORNADA LECTIVA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2016-2017. O noso agradecemento a todas as familias pola súa participación. |
|||
Case 100 rapazas e rapaces de 6º e primaria e 1º e 2º de ESO participaron este ano na tradicional Camiñada das letras. Fai clic na imaxe para acceder á galería co resto das fotos.
|
|||
|
|||
Despois de catro sesións na aula de informática, os alumnos de 1º ESO remataron o seu primeiro proxecto Scratch. Todos intentaron programar unha versión do xogo clásico Pong. O traballo foi moi guiado, pois era a súa primeira experiencia programando. Aínda así, moitos deles engadiron modificacións e melloras ao proposto inicialmente. Como mostra do traballo feito polos alumnos, deixamos aquí (hai que premer na imaxe e despois en "entrar como convidado") o a versión feita por Marc Carnota, de 1º ESO A. |
|||
Desta volta, tocounos aos de 2º da ESO visitar o Aquarium Finisterrae e o Domus na Coruña. Acompañados dos nosos profes, coñecemos de primeira man os peixes e falamos cunha bióloga que nos deu todo tipo de información sobre estes animais, así como incluso de posibles saídas á hora de estudar unha carreria universitaria. Xa no Domus, impactounos o vídeo onde observamos como se producía un parto e probamos todos o noso grao de relaxación. Despois da adquisición destes e outros coñecementos, fixemos a comida de rigor nos arredores da Torre de Hércules, paraxe incomparable, e volvemos para Lousame cantando baixiño.
|
|||
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde do 27 de abril de 2016 (DOG de 16/5/2016), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en EP, ESO e EE.
· Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º e 3º ESO. · Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º ESO e en Educación Especial. · Material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e E. Especial.
· Renda per cápita igual ou inferior a 9000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda. · Devolver, en bo estado, os libros de texto adquiridos coas axudas para libros ou os recibidos do fondo solidario no curso anterior.
Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou descargar da web da Consellería de Educación. A propia aplicación discernirá o tipo de axuda que debe pedir para cada un. As solicitudes presentaranse no centro en soporte papel ata o 23 de xuño de 2016 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde o día seguinte ao da formalización da matrícula.
· De autorizar a consulta telemática por parte da Consellería: - Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2014 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …) - Certificado acreditativo do grao de discapacidade e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso… De non autorizar a consulta telemática, á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2014. Para máis información ou descargar a solicitude, poden ver os adxuntos.
|
|||
O Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria vén de publicar as listaxes correspondentes ao disposto no artigo 14.1 da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 28/03/2016). Toda a información pode verse na páxina web www.edu.xunta.es/axudasle O período de reclamación é de 10 dias naturais e abrangue dende o 17 de maio ata o 26 de maio, ambos inclusive. Nos arquivos adxuntos podedes consultar as diferentes listaxes.
|
|||
Este ano fomos de excursión a Casa das Ciencias e o Domus. Na casa das Ciencias visitamos o museo e o planetario. Foi moi interesante descubrir a ciencia da man destes museos interactivos. Gustáronnos moito.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »