Case 100 rapazas e rapaces de 6º e primaria e 1º e 2º de ESO participaron este ano na tradicional Camiñada das letras.
Ao longo de aproximadamente 18 kms, que transcorreron por parte do Camiño Real e do Camiño Sacramental, puidemos admirar a beleza da Ría de Noia desde a ponte atirantada, o hórreo de Balbargos, a igrexa de Argalo ou o dolmen da Cova da Moura.
Logo dun descanso para xantar no campo da festa de San Roquiño, emprendemos os últimos metros da andaina ata chegarmos ao noso colexio.
Fai clic na imaxe para acceder á galería co resto das fotos.