[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021_22

Informamos de que xa están publicadas no centro as listaxes definitivas resultantes do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22. Todo o alumnado solicitante obtivo praza. Poden tamén consultar esta información a través da aplicación admisionalumnado.

As datas de matrícula abranguen o período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño, ámbolos dous incluídos.

Listaxe difinitivo distribución de máscaras.

Publícase a listaxe definitiva para a distribución das máscaras do alumnado beneficiario de Educación Primaria e Educación Secundaria.

A partir do mércores 9 de decembro os pais/nais ou titores legais poderán recollelas.

Para calquera dúbida o teléfono da Secretaría: 881886801.

Listaxe provisional distribución de máscaras.

 

Publícase a listaxe provisional de admitidos e excluídos do procedemento para a distribución de máscaras.

Os beneficiarios do vale de material (50 €) están admitidos na lista provisional.

Os solicitantes que fixeron o trámite poderán preguntar sobre o estado da mesma no número de teléfono 881866801.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

25 de Novembro: día contra a violencia de xénero

Os noso alumnado traballou duro para crear estes vídeos para o día contra a violencia de xénero.

Á árbore do bo trato

Distribución máscaras para o alumnado de Ensino Obligatorio.

Prezadas familias:

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o venres 13 de novembro  no DOG  a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado de primaria e secundaria que fose beneficiario do vale para mercar material escolar (50 €) no curso escolar 2020/21. NON TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE.

No caso de non solicitar a axuda de libros este curso poderán cubrir a instancia e serán beneficiarios se a renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal 2018).  Xunto coa solicitude deberán entregar a documentación que sinala a orde.

Prazo para presentar as solicitudes do 16 ata o 27 de novembro na Conserxería do centro ou a través da sede electrónica.

NOVAS INSTRUCIÓNS COLABORADORES DE COMEDOR ESCOLAR

O  Consello da Xunta acordou  autorizar , de xeito excepcional, no caso de non contar no comedor escolar co número necesario de colaboradores que sexan persoal funcionario e laboral destinado no centro escolar  ou pais e nais, titores legais e acolledores familiares dos alumnos escolarizados nel, a estender aos familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente, nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial de aplicación para os restantes colaboradores.

A excepcionalidade desta medida condiciona a súa vixencia, que rematará no momento no que deixen de aplicarse as medidas educativas e sanitarias abordadas para paliar a pandemia da COVID-19.

          Polo tanto, ábrese unha  lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais que convivan no mesmo domicilio destes. Dita lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.

Os solicitantes para seren inscritos deberán aportar unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais.

Tamén terán que entregar un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais de non ter sido condenado por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual.

Por último, contarán coa autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumno comensal co que convivan para colaborar no comedorescolar.

Os convivintes admitidos como colaboradores cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.

Para anotarse na devandita lista como colaboradores de comedor deberán chamar ao teléfono  881866801.

Plans do Centro

Distribuir contido