[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17

NOVAS INSTRUCIÓNS COLABORADORES DE COMEDOR ESCOLAR

O  Consello da Xunta acordou  autorizar , de xeito excepcional, no caso de non contar no comedor escolar co número necesario de colaboradores que sexan persoal funcionario e laboral destinado no centro escolar  ou pais e nais, titores legais e acolledores familiares dos alumnos escolarizados nel, a estender aos familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente, nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial de aplicación para os restantes colaboradores.

A excepcionalidade desta medida condiciona a súa vixencia, que rematará no momento no que deixen de aplicarse as medidas educativas e sanitarias abordadas para paliar a pandemia da COVID-19.

          Polo tanto, ábrese unha  lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais que convivan no mesmo domicilio destes. Dita lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.

Os solicitantes para seren inscritos deberán aportar unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais.

Tamén terán que entregar un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais de non ter sido condenado por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual.

Por último, contarán coa autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumno comensal co que convivan para colaborar no comedorescolar.

Os convivintes admitidos como colaboradores cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.

Para anotarse na devandita lista como colaboradores de comedor deberán chamar ao teléfono  881866801.