|
|||
A ANPA Alecrín do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro vén de mercar material deportivo diverso para que o alumnado poida utilizar nos recreos unha vez que a situación COVID desapareza e os alumnos e alumnas volvan a compartir o material e o tempo de lecer. O noso agradecemento a todas as familias e, en particular, á Xunta directiva da ANPA! |
|||
Tipos de axuda e destinatarios. - Fondo solidario de libros: alumnado que o vindeiro curso 2021/22 estará matriculado en 3º, 4º de EP, 1º, 2º 3º ou 4º de ESO. No noso centro 5º e 6º de EP non utililizan libros de texto, cursan o proxecto EDixgal , o material é dixital e usarán un portátil que se lles facilitará no centro polo que non poden solicitar o fondo solidario de libros pero sí o vale para o material. - Axudas para libros de texto: alumnado que o vindeiro curso 2021/22 estrá matriculado en 1º e 2º de EP. - Material escolar: todo o alumnado que o vindeiro curso 2021/22estea matriculado en EP e ESO. · Requisitos. - Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos. - Renda per cápita igual ou inferior a 6000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda: o Os datos son os do exercicio fiscal de 2019. o Sumaranse os recadros 435 e 460 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/19. o No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. · Presentación de solicitudes. - Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros (clica para acceder á aplicación) da Consellería de Educación. Na documentación adxunta tedes un manual a vosa disposición, se optades por presentar a solicitude de forma telemática. - Poden optar polas seguintes formas de presentación: a) No centro, en soporte papel, ata o 22 de xuño de 2021 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula. Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar. b) Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro.
|
|||
|
|||
Informamos a toda a comunidade educativa que A Xefatura Territorial da Coruña autorizou o martes 18 de maio como día NON LECTIVO. Polo tanto, comunicamos que o centro permanecerá pechado o luns 17 de maio (Festivo Autonómico – Día das Letras Galegas) e o martes 18 de maio ( día non lectivo escollido polo centro). |
|||
Informamos de que xa están publicadas no centro as listaxes definitivas resultantes do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22. Todo o alumnado solicitante obtivo praza. Poden tamén consultar esta información a través da aplicación admisionalumnado. As datas de matrícula abranguen o período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño, ámbolos dous incluídos. |
|||
Publícase a listaxe definitiva para a distribución das máscaras do alumnado beneficiario de Educación Primaria e Educación Secundaria. A partir do mércores 9 de decembro os pais/nais ou titores legais poderán recollelas. Para calquera dúbida o teléfono da Secretaría: 881886801. |
|||
Publícase a listaxe provisional de admitidos e excluídos do procedemento para a distribución de máscaras. Os beneficiarios do vale de material (50 €) están admitidos na lista provisional. Os solicitantes que fixeron o trámite poderán preguntar sobre o estado da mesma no número de teléfono 881866801. En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »