Responder ó comentario |
Tipos de axuda e destinatarios. - Fondo solidario de libros: alumnado que o vindeiro curso 2021/22 estará matriculado en 3º, 4º de EP, 1º, 2º 3º ou 4º de ESO. No noso centro 5º e 6º de EP non utililizan libros de texto, cursan o proxecto EDixgal , o material é dixital e usarán un portátil que se lles facilitará no centro polo que non poden solicitar o fondo solidario de libros pero sí o vale para o material. - Axudas para libros de texto: alumnado que o vindeiro curso 2021/22 estrá matriculado en 1º e 2º de EP. - Material escolar: todo o alumnado que o vindeiro curso 2021/22estea matriculado en EP e ESO. · Requisitos. - Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos. - Renda per cápita igual ou inferior a 6000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda: o Os datos son os do exercicio fiscal de 2019. o Sumaranse os recadros 435 e 460 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/19. o No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. · Presentación de solicitudes. - Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros (clica para acceder á aplicación) da Consellería de Educación. Na documentación adxunta tedes un manual a vosa disposición, se optades por presentar a solicitude de forma telemática. - Poden optar polas seguintes formas de presentación: a) No centro, en soporte papel, ata o 22 de xuño de 2021 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula. Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar. b) Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro.
· Documentación que se debe achegar. - Anexo I e II, que acompaña á solicitude, para a comprobación de datos de membros computables. - Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2019 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …). - Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso. - Acreditación de violencia de xénero, se fose preciso. - De non autorizar a consulta telemática, á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2019 e o resto da documentación xustificativa.
· Contía das axudas.
· Fondo solidario de libros. - Participan nel todos os alumnos dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos da ESO que presenten a solicitude pertinente. - A este alumnado asignaráselle os libros por orde inversa á renda per capita da unidade familiar ata esgotar as existencias do centro, se ben teñen preferencia os alumnos en garda e tutela da Xunta de Galicia ou aqueles cunha discapacidade igual ou superior ao 65%. - Cando os libros non cheguen, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios para entregar: 6 libros ás rendas inferiores a 6000 € e 4 libros ás situadas no tramo entre 6000€ e 10000 €. · Obrigas dos beneficiarios: - En caso de recibir vales para material ou libros de texto, deben adquirir os libros de texto indicados polo centro e o material escolar necesario. - Os participantes no Fondo deben devolver en bo estado os libros de texto recibidos ou mercados co Fondo deste curso escolar 2020/21 e comprometerse a conservar os que reciben para o curso 2021/22. A non devolución será causa de exclusión da participación no fondo.
Orde do 6 de maio de 2021 (DOG do 20) |
|||